Texturas Internacionais

Distribuir

Distribuir contido

Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace en 1991 cun dobre propósito: reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis.

Un presente, con pasado

O IGADI reclámase continuador da tradición universalista do galeguismo. Por iso, reivindica o legado intelectual de Plácido Castro, quen simboliza a capacidade de asumir unha posición de xenerosa identificación co país, sen que iso vaia en detrimento dun compromiso coa sociedade global.

Servizo Público

O IGADI configúrase como unha instancia vocacionada para servir ao conxunto da sociedade galega, afirmando a súa plena autonomía con igual intensidade que desenvolve unha actividade plural e transpartidaria. As institucións e a sociedade en xeral teñen nel un instrumento colaborador das súas estratexias de acción exterior.

Investigación

A formulación e desenvolvemento de proxectos de investigación constitúe un activo esencial do IGADI. Con tres programas en activo (paradiplomacia, cooperación ao desenvolvemento e conflitos, seguridade, conflitos e alternativas no sistema internacional), o fomento da investigación permite elevar a calidade científica da actividade, dotármonos de profesionais experimentados e asentar un armazón teórico que afirme solidamente as nosas estratexias.

Formación

A promoción dos valores solidarios e universalistas na nosa sociedade compleméntase con propostas de formación orientadas a facilitar o acceso a un coñecemento integral do mundo en que vivimos, incidindo, baixo diferentes fórmulas, no fomento da suficiencia académica e investigadora.

Documentación

O Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea (CIDIC) é un valioso ben público que aspira a socializar os seus recursos especializados e material dispoñible facilitando a consulta dos potenciais usuarios: estudantes, persoal investigador e cidadanía en xeral.

Facilitador de oportunidades

O IGADI ambiciona ser un punto de encontro onde os interesados na información e na análise internacional dispoñan dos medios básicos para encarreirar as súas inquedanzas. Por iso brinda a estudantes e licenciados oportunidade de realización de prácticas regradas.

Publicacións

Tempo exterior é a revista semestral de análise e estudos internacionais do IGADI que, ademais, conta cunha colección, Texturas, onde teñen cabida ensaios de interese. Asi mesmo, publica o IGADI ANNUAL REPORT e o Informe Anual da Política Chinesa.

Alianzas e redes

O establecemento de sinerxías e a potenciación da converxencia con entidades que, dentro de Galicia ou fóra dela, comparten obxectivos semellantes, xustifican a formalización de alianzas e a integración en diferentes redes globais.


Para solicitar información ou o envio dalgún exemplar diríxete a info@igadi.org.


Atendendo a criterios de actualidade e rigor, “Texturas” pretende abrir un espacio de información para a reflexión sobre os principais conflictos e tendencias internacionais do noso tempo. Igualmente, “Texturas” forma parte dun ambicioso proxecto orientado para a sensibilización do conxunto da cidadanía galega sobre a transcendencia do factor exterior nas sociedades contemporáneas. O caderno monográfico TEXTURAS aborda temas internacionais de actualidade e/ou interese para Galicia.

Texturas, números publicados:

  • nº 4 - Abril/2000 : Os conflictos de Oriente Próximo: unha aproximación, por Marta Cabrera.
  • nº 3 - Decembro/1999 : Macau, ¿exemplo para Taiwan?, por Minkang Zhou.
  • nº 2 - Agosto/1999 : O caso Pinochet e a impunidade en América Latina, por Roberto Montoya.

  • nº 1 - Abril/1999 : As autonomías de Escocia e do País de Gales, historia, riscos e oportunidades, por Fernando Pérez-Barreiro.

 

Ramón Lugrís. Sempre Galicia, Sempre Europa

Xosé Luís Franco Grande e Xulio Ríos (editores)

Irlanda en Plácido Castro
Introdución de Xulio Ríos

Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local
Daniel González Palau

O europeísmo en Ramón Piñeiro
VV.AA.

Os irmanamentos en Galicia
A ruta local do internacional

María del Mar Gómez

Plácido Castro no Centenario
VV.AA.

A acción exterior das comunidades autónomas españolas en América Latina: o caso de Galicia
VV.AA.

Sempre no Mundo
Xulio Ríos

As Nacións Unidas: Fantasía e realidade dunha orde internacional
Ramón Lugrís

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais