Nós no Mundo

Distribuir

Distribuir contido

Nós no Mundo (We in the World) é un informe reflexivo de periodicidade anual arredor da acción exterior galega, que presta especial atención ao acontecido no exercicio precedente mais tamén, á vista das inmensas dificultades existentes para establecer fronteiras cronolóxicas a certos niveis, afondar nas proxeccións temáticas máis sobresalientes respecto ao seguinte e vindeiros anos. O Nós No Mundo é unha das nosas publicacións regulares de referencia dende o ano 2010.

O esforzo no acompañamento e seguimento da acción exterior de Galicia, súmase a unha preocupación que está na raíz da propia existencia do IGADI, promover a nosa proxección internacional e afirmarnos coma foro cívico onde as diferentes sensibilidades e demandas neste eido poden atopar un espazo de acomodo desde unha perspectiva tanto crítica como construtiva.

A paradiplomacia galega e a globalización do local

EGAEX Horizonte Post-2020: Que rumbo?

A ruta da acción exterior de G​alicia: ​do ambicioso Libro Branco a un pudoroso decreto

Unha acción exterior descapitalizada

No Mundo a medias

Autonomías con valados nun mundo sen fronteiras

Un modelo de acción exterior crible para encarar a crise

¿Menos acción exterior para internacionalizarse máis?

A acción exterior na axenda galega

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais