Tema central de investigación: “A Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA)”

Distribuir

Distribuir contido

Impulsada polo presidente venezolano Hugo Chávez a partir de 2005, no marco da súa idea plasmada no Socialismo do Século XXI, a aparición da Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA) como mecanismo de integración latinoamericana (baseada na loita contra a pobreza, a exclusión social, a integración humanitaria e autóctona) supón un reto histórico cara os tradicionais procesos de integración existentes no continente latinoamericano, especificamente nas últimas dúas décadas, determinadas pola preponderancia da integración de carácter económica e comercial, traducida en imperativos de corte liberal.

a) Marco de xustificación:

a.1) Por qué o ALBA?

Impulsada polo presidente venezolano Hugo Chávez a partir de 2005, no marco da súa idea plasmada no Socialismo do Século XXI, a aparición da Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA) como mecanismo de integración latinoamericana (baseada na loita contra a pobreza, a exclusión social, a integración humanitaria e autóctona) supón un reto histórico cara os tradicionais procesos de integración existentes no continente latinoamericano, especificamente nas últimas dúas décadas, determinadas pola preponderancia da integración de carácter económica e comercial, traducida en imperativos de corte liberal.

Comunmente interpretada como un desafío á Alternativa de Libre Comercio para as Américas (ALCA), establecido no Cumio das Américas de Miami (1994) e impulsada polo ex presidente estadounidense Bill Clinton, o ALBA comeza a configurar os seus primeiros eidos de integración incorporando a novos actores. Orixinalmente concibido por Venezuela e Cuba, actualmente o ALBA logrou ampliarse cara países como BoliviaNicaraguaDominicaHonduras, San Vicente e Granadinas e Ecuador, este último recentemente admitido (maio de 2009).

Como mecanismo de integración en pleno desenvolvemento, con múltiples dinámicas e desafíos a longo prazo, cumpre considerar a necesidade de afondar, desde unha perspectiva de investigación, sobre a natureza e os alcances do ALBA como referencia de integración latinoamericana e como alternativa deseñada dende o Sur, destinada a afrontar os retos que supoñen a configuración dun novo sistema internacional, mais multipolar e multilateral, enmarcadas nas demandas dos países latinoamericanos como actores de relevancia neste proceso de cambios.

b) Os eidos de integración do ALBA

  • A integración enerxética:

    • PETROCARIBE (2005): Venezuela, Cuba, República Dominicana, Antiga e Barbuda, Bahamas, Belice, Dominica, Grenada, Guíana, Honduras, Xamaica, Surinam, Santa Lucía, Guatemala, San Cristóbal e Neves, Costa Rica e San Vicente e as Granadinas.
    • PETROSUR (2005): Venezuela, Brasil, Arxentina e Uruguai.
    • PETROAMÉRICA (2004): proposta de integración continental enerxética enmarcada no ALBA, impulsada por Venezuela cara tres vertentes: PETROSUR, PETROCARIBE E PETROANDINA.
  • A integración da comunicación:

    • TELESUR (Nova Televisora do Sur): creada en Caracas en xuño de 2005 como alternativa de información contra os grandes medios de comunicación (CNN, NBC, BBC, TVE, etc), actualmente está integrada por Venezuela, Cuba, Arxentina, Bolivia, Ecuador, Nicaragua e Uruguai.
  • A integración económica e social:

    • Tratado Comercial dos Pobos (TCP): concibida en abril de 2006 polo presidente boliviano Evo Morales como alternativa aos tratados de libre comercio impulsados por Washington. Actualmente agrupa a Bolivia, Venezuela e Cuba
  • A integración financeira:

    • O sistema de pagos dentro do ALBA (2008): concibido durante o III Cumio Extraordinario do ALBA, propón unha moeda común, o “SUCRE” (Sistema Único de Compensación Rexional) Mecanismos para poñer fin á preponderancia do dólar estadounidense.
  • A integración de defensa militar e xeopolítica:

    • A Organización do Tratado do Atlántico Sur (OTAS): concibido por Chávez en 2007 como substituto do Tratado Interamericano de Asistencia Recíproca (TIAR); un reto á OTAN? Gasto militar e desafíos xeopolíticos en América do Sur (Brasil, Venezuela, Arxentina, Perú, Colombia)

c) Importancia estratéxica e xeopolítica:

Afondar na perspectiva dun achegamento, plural e de carácter académico, sobre o ALBA, deixa sobre a mesa unha serie de escenarios descifrados en importantes cambios xeopolíticos en América Latina:

  • modelo do Socialismo do Século XXI como referencia para América Latina: Bases teóricas; capacidades de adaptación dun novo modelo económico e social alternativo; desafíos, fortalezas e debilidades medidas dentro do contexto xeopolítico hemisférico.
  • Venezuela de Chávez: unha nova “potencia emerxente”?: fortalecerase o “socialismo bolivariano”?; unha política exterior cada vez máis global (China, Irán, Rusia, África, Oriente Medio); Unha Venezuela sen Chávez: adeus ao ALBA e retorno da influencia de Washington?
  • Bolivia e Ecuador: aliados dependentes de Chávez e do ALBA?; posible inestabilidade; o peso do indixenismo e dos movementos sociais.
  • Colombia: a posibilidade dunha nova reelección de Uribe Vélez e a súa alianza estratéxica con EEUU; o desafío da esquerda colombiana e o ALBA; é posible a pacificación do conflito armado colombiano?; ingresarán as FARC como actor do escenario político, proclive ao “socialismo bolivariano” e ao ingreso ao ALBA?
  • Brasil e Arxentina: posibles novos actores dentro do ALBA? O remate da presidencia de Lula da Silva: cambiará a orientación xeopolítica de Brasil? Cómo afectaría o ingreso de países co peso de Brasil e Arxentina dentro do ALBA?
  • contexto andino e sudamericano e a posibilidade de conformación de varios bloques xeopolíticos: o “eixe do ALBA” (Venezuela, Bolivia, Ecuador); posibles novos actores dentro do ALBA (Paraguai); o “eixe máis pro-estadounidense” (Colombia e Perú); os actores “moderadores” (Brasil, Chile, Arxentina e Uruguai);
  • América Central: o ALBA como resposta ao libre comercio con EEUU; Honduras e Nicaragua, baluartes do ALBA no contexto centroamericano; O Salvador baixo o goberno do FMLN: cara o ALBA ou cara Washington? Guatemala: crise político cun goberno progresista. México: cara outra transición post-PRI?
  • futuro de Cuba: transición ou reforzamento das estruturas de poder? Actor fundamental dentro do ALBA ou elemento suxeito ás vicisitudes dunha integración hemisférica afastada dos imperativos de Washington? Unha “nova era” entre Cuba e EEUU?
  • O Caribe: “patrio traseiro” de Washington ou do ALBA? Adeus ao CARICOM como referencia de integración?
  • O ALBA e EEUU: perde influencia Washington no hemisferio latinoamericano? Resucitará Obama a “Alianza para o Progreso”?
  • O ALBA ante a crise económica mundial
  • ALBA, UNASUR e a OEA: o pulso hemisférico das novas e vellas estruturas de integración.

d) Enlaces de interese:

Como elementos de referencia informativa de cara a concretar niveis de análise e investigación, proponse unha serie de enlaces na rede que, paulatinamente, poden ampliarse cara outros medios de análise e información:

 
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais