Observatorio do ALBA

Distribuir

Distribuir contido

Dentro do Programa de Investigación “Conflitos, Seguridade e Alternativas no Sistema Internacional”, coa temática principal de investigación centrada na Alianza Bolivariana para as Américas (ALBA), configurase o “Observatorio do ALBA” como espazo actualizado de información e análise, sobre a evolución e dinámica desta alternativa de integración latinoamericana.

O Observatorio do ALBA estará dividido nas seguintes seccións, que serán actualizadas a través da periodicidade dos acontecementos:

a) Países membros do ALBA: 

País

Ano de admisión

Presidente

Superficie

Poboación
(est.2009)

PIB  p.c(2)
(est.2009)

Venezuela

(2004)

Nicolás Maduro

912,050 km2

26.814.843 hab.

$13.500

Cuba

(2004)

Raúl Castro

110.860 km2

11.451.652 hab.

$9.500

Bolivia

(2006)

Evo Morales

1.098.580 km2

9.775.246 hab.

$4.500

Nicaragua

(2007)

Daniel Ortega

129.494 km2

5.891.199 hab.

$2.900

Honduras(1)

(2008)

-

112.090 km2

7.792.854 hab.

$4.400

Ecuador

(2009)

Rafael Correa

283.560 km2

14.573.101 hab.

$7.500

Antiga (3)
e Barbuda

(2009)

Winston Spencer

442,6 km2

85,632 hab.

$19.000

San Vicente(3)e as Granadinas

(2009)

Ralph E. Gonsalves

389 km2

104,574 hab.

$10.500

Dominica

(2009)

Nicholas O.J. Liverpool

754 km2

72.660 hab.

$9.900

Santa Lucía(3)                                                       

 (2013)        

Gobernadora Pernallette Louisy. Primeiro ministro Kenneth Anthony

616 km2

173.907 hab. (estimacións 2011)

$13.300 (estimacións 2012)

 

Notas:
(1) O presidente electo democraticamente foi Manuel Zelaya, destituído tras un golpe de Estado o 28/06/2009, sendo substituído por un goberno de facto encabezado por Roberto Michelletti. Posteriormente, e baixo un clima de polarización e denuncias de ilexitimidade, celebraronse eleccións presidenciais o 29/11/2009, resultando gañador o candidato oficialista Porfirio Lobo. O pasado 12 de xaneiro de 2010, o Congreso Nacional de Honduras aprobou oficialmente a saída formal do país centroamericano da ALBA. 
(2) PIB per cápita (estimacións 2009 FMI e CIA World Factbook)

(3) Antiga e Barbuda, San Vicente e as Granadinas e Santa Lucía forman parte da Commonwealth británica, polo que o seu Xefe de Estado é a Raíña Elizabeth II. Os Xefes de Goberno son os respectivos primeiros ministros ou Gobernadore/as.

b) Cumios do ALBA: Declaracións finais de cada cumio

c) Documentos de importancia:

d) Análise e información: artigos de interese en diversos medios dixitais

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais