Programas de Investigación

Distribuir

Distribuir contido

O Igadi decidiu impulsar unha nova liña de traballo, consistente na habilitación de Programas de Investigación. A estratexia de investigación estaría vinculada ás actividades e contidos que xestionamos. Os cinco ámbitos de actuación prioritarios serían os seguintes: conflitos, seguridade e pacificación; cooperación ao desenvolvemento; mundo chinés; economía exterior; e paradiplomacia. En todos estes campos, o Igadi procurou, dende a súa fundación en 1991, impulsar diversas iniciativas que acreditan a súa experiencia e compromiso sostido.

A estrutura de cada un destes Programas incluiría un Director, un Coordinador Executivo e os diferentes membros, entre quen aspiramos a incluír aos nosos habituais colaboradores e tamén a outras persoas do ámbito profesional e académico que estean interesadas en integrarse, establecendo un marco de participación plural e internacional.

Cada Programa, a instancias do seu Director, establecerá os eixes orientadores, as propostas de investigación a realizar e unha dinámica específica de actividades, tanto restrinxidas como de vocación pública.

En cada Programa desenvolveríanse catro planos de actuación: información e debate sobre os aspectos máis destacables da xestión do Igadi nese campo, a reflexión creativa sobre a liña de traballo, propostas de orientación estratéxica e actividades de intercambio de experiencias e de implicación social.

Os integrantes de cada Programa manterán unha axenda de traballo.


El Igadi ha decidido impulsar una nueva línea de trabajo, consistente en la habilitación de Programas de Investigación. La estrategia de investigación estaría vinculada a las actividades y contenidos que gestionamos. Los cinco ámbitos de actuación prioritarios serían los siguientes: conflictos, seguridad y pacificación; cooperación al desarrollo; mundo chino; economía exterior; y paradiplomacia. En todos estos campos, el Igadi ha procurado, desde su fundación en 1991, impulsar diversas iniciativas que acreditan su experiencia y compromiso sostenido.

La estructura de cada uno de estos Programas incluiría un Director, un Coordinador Ejecutivo y los diferentes miembros, entre quienes aspiramos a incluir a nuestros habituales colaboradores y también a otras personas del ámbito profesional y académico que estén interesados en integrarse, estableciendo un marco de participación plural e internacional.

Cada Programa, a instancias de su Director, establecerá sus ejes orientadores, las propuestas de investigación a realizar y una dinámica específica de actividades, tanto restringidas como de vocación pública.

En cada Programa se desarrollarían cuatro planos de actuación: información y debate sobre los aspectos más destacables de la gestión del Igadi en ese campo, la reflexión creativa sobre la línea de trabajo, propuestas de orientación estratégica y actividades de intercambio de experiencias y de implicación social.

Los integrantes de cada Programa mantendrán una agenda de trabajo.

 

  • Paradiplomacia

    Nas últimas décadas o mundo está a vivir un progresivo proceso de intensificación das relacións globais, por mor dun novo escenario no que están a mudar as tendencias de integración e interdependencia internacional. Teñen irrompido con forza novos actores subestatais, tanto públicos como privados, no campo das relacións exteriores.

  • Cooperación Internacional ao Desenvolvemento

    A cooperación internacional para o desenvolvemento leva xa moitos anos conquistando un espazo propio nas axendas dos diferentes actores políticos e sociais que estruturan as nosas sociedades, independentemente da súas orientacións máis ou menos críticas con respecto ao tema. O certo é que, nun mundo en progresiva interconexión, cada vez é máis necesario introducir a cooperación ao desenvolvemento como un eido importante da acción social.

  • Programa “Seguridade, Conflitos e Alternativas no Sistema Internacional”

    O programa de investigación "Seguridade, Conflitos e Alternativas no sistema internacional"concibido dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI aspira a contribuír na análise e afondamento de determinados conflitos internacionais de relevancia e dos escenarios de cambio dentro do sistema internacional, que permitan perfilar novas pautas de actuación no mundo global.

  • Guía de Conflitos

    003-01/2010 > O Espazo Euroasiático

    002-08/2009 > Sahara Occidental

    001-10/2005 > Palestina: Tierra de paz, escenario de guerra

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais