Noticias

Distribuir

Distribuir contido
  • 15 de Xaneiro de 2014

    Versará sobre a obra plástica de Plácido Castro

  • 25 de Setembro de 2013

    A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convocou o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal. Lémbrase, deste xeito, a figura de Plácido Castro, humanista, liberal, cosmopolita, símbolo da universalidade do nacionalismo galego que quixo estimular coas súas traducións a recuperación explícita da nosa identidade.

  • 16 de Agosto de 2013

  • 3 de Xullo de 2013

    A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, e dirixida por Xulio Ríos, achégase ao seu Nº 26, período Xaneiro-Xuño de 2013, ofrecendo como tema central unha ampla reflexión sobre o anteproxecto de lei de Acción Exterior e do Servizo Exterior presentado polo Goberno central, en especial no relativo ao futuro da Acción Exterior das Comunidades Autónomas.

  • 7 de Xuño de 2013

    Novidades editoriais da Fundación Plácido Castro

    Un galego en Irlanda e Máximas e Reflexións

    A Fundación Plácido Castro vén de editar “Un Galego en Irlanda”, a crónica da viaxe que o galeguista de Corcubión (1902-1967) realizou a terras irlandesas en 1928. A serie, composta por seis artigos, foi publicada no diario El Pueblo Gallego entre o 24 de agosto e o 21 de setembro de 1928. A edición preparada pola Fundación inclúe versión en inglés e un apéndice fotográfico do autor con numerosas instantáneas inéditas.

  • 30 de Abril de 2013

     

  • 13 de Marzo de 2013

    A Arte da Guerra de Sun Zi é o traballo teórico militar máis antigo existente en China e tamén no mundo. Saíu á luz nos anos finais do século VI antes de nosa era. Sobre este libro e o seu autor Sun Zi, Mao Yuanyi (1594 - ao redor de 1644), escritor militar da dinastía Ming, dixo: “Quen antecederon a Sun Zi non podían compararse con el e quen o sucederon tampouco podían compararse con el”. Quérese dicir con iso que Sun Zi herdou e sintetizou os pensamentos militares que lle antecederon; os científicos militares posteriores a Sun Zi non puideron divorciarse del nin pasalo por alto.

  • 23 de Novembro de 2012

  • 30 de Outubro de 2012

  • 25 de Xuño de 2012

    Dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) comprácenos informar da presentación da nosa nova páxina web: http://www.igadi.org/web/ que, cun deseño mais dinámico, conserva pero ao mesmo tempo actualiza e renova os contidos do IGADI, coa pretensión de axilizar a difusión e promoción do noso labor.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais