Noticias

Distribuir

Distribuir contido
  • 18 de Maio de 2016

    No marco do seu 25º aniversario, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), en colaboración co Concello de Pontevedra, organizan o próximo martes 24 de maio, a partir das 19:00 horas, na Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n), un ciclo de conferencias titulada “Mirando ao Mundo”, e que servirán para fomentar a reflexión e a discusión sobre diversas problemáticas e tendencias existentes na política internacional, dos conflitos e mecanismos de cooperación internacionais así como da confluencia de intereses dos actores tradicionais e doutros emerxentes dentro do sistema global.

  • 19 de Febreiro de 2016

    CONVOCATORIA BOLSAS HUAYU 2016, OFICINA ECONÓMICA Y CULTURAL DE TAIPEI - MADRID, ESPAÑA. 
    A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT), en virtude dun convenio de cooperación entre a Academia de Taiwán e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), comprace en informar da apertura de convocatoria aos interesados en cursar DÚAS (2) bolsas Huayu 2016 para a aprendizaxe do idioma chinés mandarín, dividida en dous períodos: unha (1) dun ANO de duración e outra de SEIS (6) MESES, na República de China (Taiwán).

  • 18 de Febreiro de 2016

    O IGADI fai balance en Pontevedra dos 25 anos da entidade

    O Consello Reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional debaterá tamén este sábado sobre o futuro do think tank

    Pontevedra, 18 de febreiro de 2016.- O Consello Reitor do Instituto Galego de Documentación Internacional (IGADI) reunirase en Pontevedra este sábado, 20 de febreiro, co obxecto de facer balance dos 25 anos transcorridos desde a fundación da entidade, en 1991. A cita terá lugar a partir das 12 horas no Centro Cívico Sur, onde radica o seu domicilio social desde maio do ano pasado, e contará coa participación de destacados persoeiros galegos.

  • 13 de Xaneiro de 2016

    O IGADI, que en 2016 celebra o seu XXV aniversario, e o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo, convocan este I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia co obxecto de ofrecer unha plataforma de debate e de diálogo para todos aqueles que teñan interese académico e científico nos estudos internacionais. Con vocación de continuidade, aspira a conformar unha axenda internacional para a nosa sociedade, cun futuro cada vez mais dependente da súa capacidade para posicionarse no mundo con identidade propia.

  • 9 de Xaneiro de 2016

    Unha serie de cambios políticos e a manifestación de diversas tensións que se presentan en determinados focos da política internacional dan a entender, dende un amplo abano de perspectivas, a eventual definición dun cambio de ciclo sistémico. A inédita fronte de esquerdas que actualmente goberna en Lisboa, e que levou ao socialista António Costa a desbancar a un goberno tecnócrata supeditado á “troika”, contrasta coas dificultades que debe sortear a presidenta brasileira Dilma Rousseff, en particular ante a posibilidade dun impeachment. En Asia, a posibilidade dun cambio de goberno de signo soberanista en Taiwán gravitará con forza na evolución das súas relacións con China continental. Noutro actor clave, Rusia, o presidente Vladimir Putin, observa cómo a consolidación interna do seu poder implica importantes retos a nivel internacional, condicionados polo reforzamento dos imperativos xeopolíticos. Por outra banda, a cooperación internacional ao desenvolvemento aborda momentos importantes, tomando a modo de exemplo os casos da reconstrución de Haití e o proceso aperturista cara o exterior que leva a cabo Cuba, sen menoscabar o impacto internacional de novas estratexias de integración como o TTIP e as consecuencias de conflitos esquecidos como é o do Sáhara Occidental.

  • 4 de Decembro de 2015

    O IGADI ven de ser admitido polo Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais (CLACSO) como centro asociado da súa rede, maior no seu campo de América Latina e o Caribe, que actúa a nivel global. A decisión foi tomada recentemente polo seu Comité Directivo, reunido en Medellín, Colombia.

  • 18 de Novembro de 2015

    O IGADI ven de publicar esta obra, da que son editores Xosé Luis Franco Grande e Xulio Ríos, que tenta reivindicar a figura de Ramón Lugrís (Ferrol, 1932).

  • 13 de Setembro de 2015

  • 27 de Xuño de 2015

    As negociacións que desde 2012 se levan a cabo na Habana (Cuba) entre o goberno colombiano de Juan Manuel Santos e as guerrillas das FARC e o ELN, define o momento histórico mais decisivo orientado a pór fin ao conflito hemisférico de maior lonxevidade. Nesta perspectiva, e a pesar dos reiterados obstáculos e constantes ameazas de ruptura, o actual proceso de pacificación en Colombia afronta escenarios de postconflito nos que a comunidade internacional terá un papel decisivo.

  • 3 de Xuño de 2015

    O xurado da décimo cuarta edición do premio Plácido Castro de Tradución acordou hoxe en Pontevedra recoñecer o labor dos tradutores Mona Imai e Alejandro Tobar.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais