Participa nas Xornadas "Acción Exterior e Imaxe global de cidades" no Concello da Coruña o próximo 21 de marzo

Distribuir

Distribuir contido
11 · 03 · 2019

1. PRESENTACIÓN.

A natureza dos municipios e do goberno local mudou de maneira moi significativa nos últimos trinta anos, tanto a nivel galego coma global estas mudanzas son produto da rapidísima urbanización, a descentralización política-admtva e a multiplicación das interdependencias globais (da liberalización económica ao cambio climático).  Este novo escenario configura as cidades actuais coma figuras concretas no marco histórico da globalización e a explosión das Tics (tecnoloxías da información e a comunicación), situándoas coma centros de poder político, económico, cultural e simbólico.

As cidades dos nosos días desenvólvense froito da súa capacidade de aglomeración e concentración de persoas, servizos, empresas, talento e conectividade global; xa sexa por medio de infraestruturas físicas, dixitais e se callar máis importantes, as relacionais. Estes novo escenario deu por impulsar a necesidade da acción exterior municipal coma unha dimensión máis dos gobernos locais, situándonos nun cambio de paradigma dos modelos de xestión do goberno local en todo o mundo. Nun planeta onde todas vivimos interconectadas, os territorios precisan conectarse ao internacional de maneira consciente, coma parte central do modelo e a marca da cidade e a imaxe global a proxectar.

Nas Xornadas do próximo 21 de marzo organizadas desde o Consorcio de Turismo (Concello da Coruña) achegarémonos a este fenómeno, partindo do estado da cuestión en Galicia, no contexto aberto pola Estratexia Galega de Acción Exterior, impulsada pola Xunta de Galicia e o estudo elaborado polo IGADI para o Concello da Coruña, -Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña. Ademais contaremos cun panel central de Andoni Aldekoa, referente internacional do concepto de –cidades globais, axentes da sociedade civil da Coruña relevantes na súa internacionalización e a experiencia das cidades de Bilbao, Xixón e Barcelona.

Pódese inscribir por medio dun correo electrónico a info@igadi.org indicando nomes e apelidos. O IGADI emitirá un certificado de asistencia ás persoas inscritas que o soliciten.

 

2. PROGRAMA.

10:30 Recepción participantes.

10:45 Presentación institucional das Xornadas.

  • Xulio Ferreiro, Alcalde da Coruña.

11:15 Panel inicial. Da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) á paradiplomacia local galega: as BAEX A Coruña 2018-2021.

          Daniel González Palau (Director do IGADI. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 2011 e 2015, no 2009 publicara “Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local”)

Presenta e modera: Lanzada Calatayud. Xerenta do Consorcio de Turismo.

12:00 Panel central. A internacionalización das cidades intermedias e a narrativa global urbana.

  • Andoni Aldekoa. Director xeral de Euskalduna Bilbao Centre e profesor visitante, entre outras, da George Washington University, a Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADE e a Universidade de Deusto. Foi Conselleiro delegado do Concello de Bilbao.

Presenta e modera: Lanzada Calatayud. Xerenta do Consorcio de Turismo.

13:30 Fin da sesión da mañá e xantar de traballo.

15:30 Mesa de Actores locais para a internacionalización do territorio: Que achegamos ao territorio e como presentamos A Coruña ao mundo?

  • Carlos Rodríguez. Director da Escola de Turismo da Universidade da Coruña.
  • Pablo López Blanco. Xefe de servizo de internacional da Cámara de Comercio da Coruña.
  • Eugenia Díaz, técnica superior de Relacións Internacionais na  Universidade da Coruña
  • Maika Beltrán. Delegada de Intermon Oxfam e representante Grupo Norte da Coordinadora Galega de ONGD.

Presenta e modera: Alberto Lema Suárez. Presidente do Consorcio de Turismo. Concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña.

16:45 Mesa redonda de cidades: Como organizamos a acción exterior?

  • J.Manuel Blanco. Subdirector Analise e Programación. DX Relacións Exteriores. Xunta de Galicia.
  • Estíbaliz Luengo Celaya. Directora de Bilbao Internacional, Concello de Bilbao.
  • Enrique Rodríguez Martín. Xefe do Departamento de Iniciativas Internacionais, Concello de Xixón.
  • David Llistar. Director do Departamento de Cooperación Internacional e Xustiza global, Concello de Barcelona.

Presenta e modera: Daniel González Palau (Director do IGADI. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 2011 e 2015, no 2009 publicara “Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local”)

18:00 Clausura. Alberto Lema Suárez. Presidente do Consorcio de Turismo. Concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais