O IGADI organiza en Pontevedra unha mesa redonda sobre a acción exterior de Galicia de cara ao 25/S

Distribuir

Distribuir contido
30 · 08 · 2016

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) organiza para o próximo 8 de setembro, a partir das 20:00 horas na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9, Pontevedra), unha mesa redonda titulada “Autonómicas 2016. Propostas en materia de acción exterior”, que contará coa presenza de candidatos das forzas políticas galegas con representación parlamentaria.

            Moderada polo vice director do IGADI, Daniel González Palau, esta mesa redonda contará coa participación de Gonzalo Trenor López, candidato na lista do Partido Popular de Galicia (PPdG); David Balsa, candidato polo Partido Socialista de Galicia (PSdG); Xoán Hermida, candidato pola formación En Marea; e Ana Gulías Torreiro, candidata polo Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Esta mesa redonda pretende afondar na visión das formacións políticas galegas sobre a acción exterior de Galicia, ademais de facer balance da lexislatura  neste eido.

Recentemente, o IGADI dirixiu unha Carta Aberta ás formacións políticas galegas para instalas a significar doadamente nos seus programas un maior compromiso coa acción exterior. Igualmente, no pasado xuño, organizou o I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia.

O acto conta coa colaboración do Observatorio da Gobernanza G3 e da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais