O Igadi e o Observatorio da Gobernanza G3 presentan o II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia

Distribuir

Distribuir contido
14 · 07 · 2017

 

 

 

II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia

Repensar Europa desde aquí”

Pontevedra, 18-19 setembro, 2017-Facultade de Ciencias Sociais e a Comunicación

 

PRESENTACIÓN

Inmersa nunha crise económica que se prolonga cunha grave crise social e humanitaria, coa súa política exterior cuestionada nun contexto global de profundamento das incertezas e con desafíos políticos vellos e novos por encarar, Europa, a 60 anos da sinatura dos Tratados de Roma, vive un dos momentos de maior confusión. En certa medida, o Brexit é o corolario desta situación e adéntranos por unha senda de deconstrución que ata hai pouco semellaba inverosímil.

Galicia é Europa. Éo dende o punto vista xeopolítico pero tamén cultural. O Camiño de Santiago é un dos símbolos mais preclaros desa vontade de construción dun espazo común que responda aos intereses dos cidadáns e das sociedades do continente. Nesa perspectiva, cómpre salientar a visión dos galeguistas do pasado século que dende o primeiro momento abrazaron aquel ideal para afortalar o noso autogoberno e o rexurdir da nosa cultura e identidade.

Partindo dese contexto, o II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, coincidindo cun novo aniversario da participación de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas (1933) pretende abrir un espazo de reflexión para pensar Europa desde aquí, a partires da nosa propia experiencia, necesidades e intereses.

OBXECTIVOS

  1. Reflexionar sobre o que actualmente acontece en Europa, con capacidade para xerar debates e ideas que permitan expresar unha visión propia;

  2. Impulsar a conciencia cívica sobre os retos e potencialidades que para Galicia representa o espazo europeo en todas as súas dimensións;

  3. Suxerir propostas, diagnósticos, estratexias e marcos de actuación que permitan un maior aproveitamento das posibilidades que brinda Europa para afondar no noso progreso e benestar;

  4. Alentar intercambios académicos e científicos que permitan fortalecer os nexos en materia de investigación.

  5. Visibilizar a tradición de estudos internacionais de Galicia e a presenza de Galicia en Europa por medio dun Plan de comunicación do Congreso en redes sociais.   

DESENVOLVEMENTO

O programa organizarase en catro sesións temáticas:

  1. Político-Institucional
  2. Económica

  3. Socio- Cultural

  4. Política exterior e Seguridade

Na sesión Político-Institucional abordaranse cuestións como: a Europa das rexións, a cooperación transfronteiriza, o déficit democrático e a toma de decisións, o alargamento europeo, o Brexit, as velocidades na construción da UE, o desapego cívico ao ideal comunitario, as tendencias e mapas políticos nos países comunitarios.

Na sesión Económica abordaranse cuestións como: o presente e futuro do euro, alternativas á crise, as políticas sectoriais, os fondos estruturais, a política industrial, o aforro enerxético, a política fiscal.

Na Sesión Socio-Cultural abordaranse cuestións como: a Europa do benestar, a inmigración, o sindicalismo na UE, a cidadanía europea, a diversidade cultural, a protección das linguas e culturas minorizadas, os valores europeos, as políticas educativas.

Na Sesión Política Exterior e Seguridade abordaranse cuestións como: o estado da PESC, a OTAN e a defensa europea, as relacións transatlánticas e cos principais actores globais.

Os principais tópicos deste Congreso son: o proceso de integración europeo, a reflexión desde Galicia sobre a crise do europeísmo, Galicia nas institucións europeas, a crise económica e social en Galicia e na Unión Europea, o ascenso de opcións “antisistema”, os factores de disgregación dentro da Unión Europea, o peso internacional da política exterior europea, o factor da inmigración na articulación de políticas públicas de integración e desenvolvemento, a acción exterior galega cara Europa, o rexionalismo europeo, a cooperación transfronteiriza, a defensa europea.

Destinatarios: Público interesado nesta temática en xeral, e estudantes das Universidades galegas, en particular, de titulacións como Dirección e Xestión Pública, Dereito, Económicas, ADE, Ciencias Políticas, Socioloxía ou Historia.

PROGRAMA:

Luns, 18 de Setembro

16.00 Sesión de apertura (Representantes das institucións financiadoras: Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Consello Social)

16.30 Conferencia Inaugural: Galeguismo e Europeísmo

Camilo Nogueira Román (Político, enxeñeiro e economista)

Presenta: Daniel González Palau (Director do Igadi-Dirección II Congreso de

Estudos Internacionais de Galicia)

17.30 Descanso

18.00 Sesión Político-Institucional: Europa, de novo na encrucillada

Modera: Celso Cancela Outeda (Universidade de Vigo, Dirección II Congreso

de Estudos Internacionais de Galicia)

Participantes: Antonio C. Pereira Menaut (Universidade de Santiago de Compostela), Argimiro Rojo Salgado (Universidade de Vigo), Ana Ramos Barbosa (Directora da Oficina Fundación Galicia-Europa en Bruxelas)

20.00 Final do primeiro día do Congreso

Martes 19 de Setembro

10.00 Sesión Económica: Europa na mundialización

Modera: Carmen Novas (Xornalista, Igadi)

Participantes: Anxo Calvo (Universidade da Coruña), Xavier Vence

(Universidade de Santiago de Compostela) e Xavier M. Cobas (Universidade de

Vigo)

Pausa CAFE de 15 minutos

12.00 Sesión Socio-Cultural: Días contados para a Europa do benestar?

Modera: Álvaro Xosé López Mira (Universidade de Vigo, Dirección II Congreso

de Estudos Internacionais de Galicia)

Participantes: Albino Prada (Universidade de Vigo), Celso Cancela

(Universidade de Vigo) e Constantino Cordal (Universidade de Vigo)

14.00 Ágape

16.00 Sesión Política Exterior e Seguridade: Europa, no mundo con voz propia

Modera: Roberto Mansilla (Analista do Igadi)

Participantes: Rafael García Pérez (Universidade de Santiago de Compostela),

Sandra Fernandes (Universidade do Minho), Cristina Manzano (Directora de

Esglobal).

18.30 Clausura: A idea de Europa

Eduardo Olier (Director en España do Instituto Choiseul de xeoeconomía e intelixencia

económica e Vicepresidente do European Think Tank Observatory)

Presenta: Juan Manuel Corbacho Valencia (Vicerreitor do Campus de Pontevedra)

PARTICIPANTES E PRAZOS

As inscricións para participar no Congreso poderanse formalizar ata o 15 de setembro de 2017 mediante comunicación dirixida a: info@igadi.org na que se debe facer constar nome e apelidos e e-mail de contacto

O Congreso está especialmente dirixido a persoas relacionadas cos ámbitos das Relacións Internacionais, Xestión Pública, Ciencias Políticas e da Administración, Economía, Empresa, Dereito, Socioloxía, Comunicación, Historia, entre outros.

O prazo para a presentación de relatorios fóra do programa previsto finaliza o 5 de setembro de 2017. As expresións de interese poden formalizarse ate o 15 de agosto de 2017.

ACTAS

Os relatorios fóra do programa previsto que reúnan os méritos suficientes para ser publicados poderán incluírse cos textos oficiais nas actas do Congreso. Os participantes cederán os seus dereitos sobre os textos enviados que poderán ser publicados en calquera tipo de formato nos dous anos a partir da data de peche do Congreso. Todos os traballos poderán incorporarse á páxina web do IGADI.

FICHA TÉCNICA

Organizan e patrocinan: IGADI e Observatorio da Gobernanza G3, Consello Social da Universidade de Vigo, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia.

Lugar de realización: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Comité Científico: Eduardo Daniel Oviedo (Universidad Nacional de Rosario-Argentina), Carmen Mendes (Universidade de Coimbra), Zhu Lun (Academia de Ciencias Sociais de China), Mónica López Viso (Universidade de Vigo); Bichara Khader (Université Catholique de Louvain), Ricardo Antunes (UNICAMP-Brasil), Luciano Concheiro Bórquez (Universidad Autónoma Metropolitana-México), Robert Matthews (New York University), Julio A. Díaz Vázquez (Universidade da Habana); Antonio Carlos Pereira Menaut (Universidade de Santiago de Compostela); Argimiro Rojo Salgado (Universidade de Vigo); Antonio Martínez Puñal (Universidade de Santiago de Compostela); Fernando González Laxe (Universidade da Coruña); José Soeiro (Universidade do Minho); Ramón Bouzas (Universidade de Santiago de Compostela); Ana Paula Beja Horta (Universidade Aberta, Lisboa); Amelia Sáiz López (Universitat Autónoma de Barcelona) e Xulio Ríos (Presidente de Honra do Igadi).

Directores: Celso Cancela Outeda, Daniel González Palau e Álvaro Xosé López Mira

Coordinación Técnica e Secretaría: IGADI. Todas as informacións relativas ao Congreso serán publicadas en www.igadi.org

NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE RELATORIOS FÓRA DO PROGRAMA PREVISTO

1. Todos os traballos serán avaliados por dous expertos independentes e anónimos que poderán aconsellar a aceptación sen cambios, formular suxestións ao autor ou autores, ou ben desaconsellar a súa publicación.

2. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, e non debe estar comprometida a súa publicación en ningún medio.

3. Os orixinais poden enviarse en galego, castelán, inglés, francés, ou portugués. Outras linguas, prégase consultar previamente coa organización.

4. A extensión do relatorio será dun máximo de dez mil palabras, e un mínimo de tres mil, incluíndo gráficos, cadros e bibliografía.

5. Na primeira páxina indicarase: título do traballo, nome e apelidos do autor, dirección, teléfono, correo electrónico, así como a filiación institucional do autor e a forma en que desexa que apareza. Debe incluírse tamén un breve Curriculum Vitae, non superior a cinco liñas, que aparecerá publicado conxuntamente co traballo.

6. Todos os traballos deberán incluír un resumo do contido que non excederá de 15 liñas e cinco palabras clave.

8. As notas irán sempre ao final do traballo.

9. As notas e as referencias bibliográficas terán o seguinte formato:

- LIBROS: APELIDOS do autor (en maiúsculas) e Nome (en minúsculas): Título do libro (en cursiva), Editorial, cidade, ano e páxina/s.

- ARTIGOS: APELIDOS do autor (en maiúsculas) e Nome (en minúsculas): “Titulo do artigo” (entre aspas), Nome da revista (en cursiva), Número, data, páxina/s.

10. As siglas irán acompañadas do nome completo a primeira vez que se citen no texto, e entre parénteses.

11. O prazo de recepción de orixinais finaliza o 5 de Setembro de 2017. A aceptación ou non do texto proposto comunicarase ao autor no prazo máximo de quince días contado a partir da recepción. O prazo para a expresión de interese remata o 15 de agosto de 2017.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais