Dispoñibles as Conclusións e os vídeos do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia "Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais"

Distribuir

Distribuir contido
14 · 05 · 2019

 

Podes ver todas as Sesións do III Congreso na web da Universidade de Vigo Televisión 

 

CONCLUSIÓNS

III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia

“Galicia e a Lusofonía diante dos desafíos globais”

Pontevedra, 27 e 28 de marzo de 2019

 

1. Nun mundo cada vez mais globalizado e interconectado, as relacións históricas de Galicia con Portugal e os territorios intercontinentais de lingua oficial portuguesa, sitúannos diante dunha oportunidade histórica para a paradiplomacia e acción exterior galega. Os desafíos globais do S.XXI, encontran na lingua galega e na nosa identidade, ferramentas con capacidade de retorno e creación de oportunidades para a nosa sociedade.

2. Existe unha relación cada vez mais indivisible entre lingua, economía e comunicación. A interacción da lingua dentro das relacións económicas e culturais permite a fluidez da cooperación e o desenvolvemento de proxectos conxuntos, sendo un elemento facilitador. Galicia e o mundo lusófono contan con esta vantaxe comparativa. A lingua é así un activo chave para os negocios e as relacións económicas no mundo actual. O III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia permitiu achegar estas perspectivas, coa vontade de promover unha visión integral.

4. O quinto aniversario da Lei Paz Andrade, Lei da Xunta de Galicia 1/2014 do 24 de marzo para promover o ensino de portugués e os vínculos coa lusofonía, serviu de contexto ao III Congreso como oportunidade para avaliar o seu desenvolvemento e os seus significados, poñendo en valor as súas posibilidades e fortalezas.

5. A grande conclusión do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia é que existe un recoñecemento total ao fito que representa a Lei e as inmensas posibilidades da mesma para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia no horizonte do S.XXI, mais fortes diverxencias entre as distintas forzas políticas e axentes sociais sobre o ritmo e a dirección das medidas para desenvolver a Lei. Conviven así as sensacións de éxito e fracaso arredor dos pasos dados desde Galicia ao encontro co mundo de lingua oficial portuguesa.

5. As fórmulas para a introdución masiva da lingua portuguesa no ensino en Galicia ou o eventual ingreso de Galicia dentro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), identificáronse ao longo das distintas Sesións como os retos inmediatos e os puntos de partida estruturais para dotar a Lei dun desenvolvemento de seu, que trascenda o simbólico e que aspire a mobilizar a sociedade galega e os seus axentes económicos e socioculturais máis dinámicos.

6. Ao memos tempo, foi un lugar común entre as distintas persoas participantes nas distintas Sesións do Congreso, identificar a necesidade dunha maior implicación dos axentes chaves na internacionalización de Galicia, nas medidas que desde a Xunta de Galicia se impulsen. Así o papel das Universidades, das Cámaras de Comercio, asociacións de empresarios ou dos clusters económicos e culturais, enténdense como chave e catalizador para un real desenvolvemento da Lei e aproveitamento das súas oportunidades.

7. Máis alá de Galicia, a propia institucionalización da Lei posicionounos de maneira diferencial no marco do Estado español e a Unión Europea, abríndonos a oportunidade de crear e normalizar mecanismos de relación internacional que permitan superar estereotipos establecidos nas visións xeopolíticas tradicionais de España e Portugal. Neste sentido, a posibilidades da creación dunha Casa da Lusofonía en Galicia dentro da estratexia de Casas xeográficas e temáticas impulsadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores español, obsérvase como unha moi interesante liña de traballo para a Lei paz Andrade, así como un valor agregado non agardado para a acción exterior española e europea.

7. Ao mesmo tempo, a presenza institucionalizada de Galicia no espazo da lusofonía e a CPLP é xa unha vía de renovación e refundación da propia idea lusófona en si, enriquecéndoa e dotándoa de novos sentidos e significados no horizonte do S.XXI. O mundo lusófono actual non poder ser centrípeto nin provisto de rixidez centralista, é policéntrico e con sentido multilateral e así debe estimularse desde todas as partes, como quedou demostrado no III Congreso.

8. Esta condición prové unha dimensión particularmente estratéxica para o achegamento galego-lusófono de cara a un mundo cada vez mais global, multipolar e multilateral neste século XXI. Así as cousas a necesaria reinvención da lusofonía como espazo de encontro intercontinental ten na participación de Galicia unha oportunidade pedagóxica e real para a innovación e a consolidación.

9. Na actualidade son máis de 250 millóns de habitantes que falan portugués a nivel mundial. Para 2050, estímase que serán case 400 millóns as persoas que falarán portugués e os países africanos desprazarán a Brasil coma a área continental con maior número de falantes de portugués. O III Congreso puxo de manifesto que sermos capaces de exercer como galegos na sociedade global actual obríganos a tomar medidas urxentes para materializar estas vantaxes comparativas antes de que sexa demasiado tarde, no marco e na natureza do S.XXI.

10. Canta máis identidade galega máis vantaxe competitiva empresarial, comercial, cultural, deportiva, social, colaborativa, etc. terá o noso país para paliar a súa caída, non só demográfica, a nivel intraestatal. Parece máis necesario ca nunca diante do devalo permanente do noso carácter como nacionalidade histórica.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais