CONVOCATORIA DE BOLSAS HUAYU 2014

Distribuir

Distribuir contido
Etiquetas
08 · 02 · 2014

 

OFICINA ECONÓMICA Y CULTURAL DE TAIPEI

MADRID, ESPAÑA

En virtude do convenio de cooperación subscrito entre a Academia de Taiwán e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), anúnciase a apertura da convocatoria de DÚAS (2) BOLSAS de HUAYU 2014 para aprendizaxe do idioma chinés mandarín por un período de SEIS (6) MESES na República de China (Taiwán).

1. As bolsas concederanse a persoas maiores de idade (18 anos), con nivel mínimo de Bacharelato e de nacionalidade española.

2. Descrición da Bolsa:

(1)   Asignación de cotas:

DÚAS (2) bolsas de SEIS (6) meses, desde o 1º de setembro de 2014 ata o 28 de febreiro de 2015.

(2)   Manutención mensual: NT$ 25.000 (610 euros, aproximadamente)

As universidades nas que estuden os bolseiros concederán esta cantidade cada mes, dependendo da asistencia e da cualificación dos bolseiros durante os cursos.

Tanto o billete de ida e volta de avión como outros gastos durante o período da bolsa, tales como aloxamento, a comida, o transporte e o seguro, correrán a cargo dos propios bolseiros. Os bolseiros, a partir do quinto mes da obtención do seu Carné de Residencia, poden e deben asociarse ao Seguro Nacional de Saúde Pública.

3. Condición Esencial:

Esta convocatoria NON está dirixida aos estudantes españois que cursaron carreiras universitarias en Taiwán,

NIN aos que estudan actualmente en Taiwán da mesma categoría,

NIN aos ex beneficiarios das Bolsas de TAIWÁN e HUAYU auspiciadas polo Ministerio de Educación da República de China (Taiwán)

NIN aos estudantes de intercambio de 2014/2015 dalgún convenio académico e programas de intercambio con algún centro docente de Taiwán,

NIN aos beneficiarios de calquera modalidade de bolsas oficiais ou universitarios de Taiwán 2014/2015,

NIN aos cidadáns que posúen a nacionalidade da República de China (Taiwán)

4. Requisitos necesarios para a Solicitude:

(1)   Formulario de Solicitude (como anexo)

(2)   Fotocopia de pasaporte ou carné de identidade.

(3)   Currículum Vitae (en español ou galego)

(4)   Fotocopias da titulación máis alta que se posúa e da certificación académica persoal correspondente do período académico.

(5)   Dúas (2) cartas de recomendación.

*Os que teñan título da Proba de Competencia en Chinés-Mandarín (TOCFL, mínimo Nivel 2) serán admitidos prioritariamente.

5. Apertura de Concurso: Do 1º de febreiro ao 31 de marzo de 2014.

Recibiranse SOAMENTE solicitudes dos interesados (con documentos na ORDE precitada) vía CORREO POSTAL, con data de envío anterior ao 31 de marzo de 2014, no seguinte enderezo:

Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)

BOLSAS HUAYU 2014

Avenida Joselín 7, Portal 3, 4ºB

36300 Baiona (Pontevedra)

6. Baremo de Puntuación: Divídese nas seguintes DÚAS (2) fases:

(1)   PRIMEIRA Selección (70%): Avaliación da documentación presentada.

(2)   SEGUNDA Selección (30%): Entrevista co Xurado de Selección.

7. Calendario Administrativo de Selección:

(1)   Publícase a listaxe dos preseleccionados na PRIMEIRA Selección antes do 30 de abril de 2014.

(2)   A entrevista terá lugar na sede do IGADI ou, complementariamente, na Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT) do 12 ao 14 de maio de 2014. Cada preseleccionado recibirá individualmente aviso previo antes do 5 de maio. Os que NON se presenten na data e hora citada, perderán a súa precandidatura.

Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT)

Attn. Convocatoria de Beca de Huayu 2014

C/Rosario Pino, Nº 14-16, 18 Dcha.

28020 Madrid

Tlf: 91 571 84 26

http://www.roc-taiwan.org/ES/mp.asp?mp=137

(3)   Publicarase a resolución dos DOUS (2) bolseiros e dos DOUS (2) suplentes da Bolsa na páxina web do IGADI e da OECT o día 20 de maio de 2014.

8. En caso de resultar seleccionado/a como candidato/a, deberá contactar cun dos centros de Ensinanza do idioma chinés de Taiwán (listaxe engadida), solicitando o Certificado de Admisión, e posteriormente deberá presentar dita Admisión na OECT antes do día 13 de xuño para completar o proceso. Aquel que NON cumpra co citado trámite, perderá a súa precandidatura, e será substituído/a polos suplentes por orde.

9. Outorgamento do Certificado de Bolsa:

A OECT concederá un Certificado de Bolsa aos bolseiros o 31 de xullo de 2014.

10.  Anulación:

De constatárense irregularidade en calquera documento presentado para o concurso de selección, perderase a calidade de candidato/a.

11. Para máis información da Normativa da BOLSA DE HUAYU, visite a páxina web do Ministerio de Educación da República de China (Taiwán)

(http://english.moe.gov.tw/ct.asp?xItem=12482&CtNode=11364&mp=1)

 

Axuda por correo electrónico: Se precisa axuda para resolver dúbidas ou preguntas de carácter xeral desta convocatoria, pode usar o seguinte correo electrónico. Escriba a mensaxe sen engadir arquivos e a resposta darase o antes posible.

dptoeducativooect@gmail.com ; info@igadi.org

 

AnexoTamaño
Convocatoria da Bolsa Huayu 201424.19 KB
FORMULARIO78 KB
Preguntas Frecuentes - Beca de HUAYU 201455.92 KB
List of Language Center 2014233.28 KB
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais