Aberta a inscrición para o III Congreso de Estudos Internacionais "Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais" 27 e 28 de marzo en Pontevedra

Distribuir

Distribuir contido
27 · 02 · 2019

Podes descarregar o programa completo en galego e portugués.

Presentación

As relacións de Galicia con Portugal e con todos aqueles territorios de lingua oficial portuguesa, a lusofonía, representa unha área xeográfica prioritaria para a internacionalización de Galicia, dentro do marco autonómico desde a aprobación do Libro Branco de Acción Exterior do ano 2004, durante a presidencia de Manuel Fraga Iribarne.

Dez anos despois, a aprobación no 2014 da Lei Paz Andrade no Parlamento de Galicia tras a iniciativa popular que arrincou en 2012 e que lle deu nome, abriu de forma institucional e concreta as posibilidades de impulsar e promover a relación de Galicia co espazo lusófono, maximizando as posibilidades das relacións con todos aqueles estados, organizacións internacionais e territorios con presenza da lingua portuguesa, sobre todo os Estados fundadores da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP): Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Cabo Verde, Guinea Bissau, Santo Tomé e Príncipe, Timor Oriental, mais tamén territorios como Macau na China, Goa na India, ou o Departamento de Rivera en Uruguai, na fronteira co Brasil.

Así as cousas o espazo humano da lusofonía implica unha comunidade humana que supera os 250 millóns de habitantes, dinámica no económico e cultural, plural e diversa, unida desde a lingua portuguesa e as súas variantes, a historia e as particularidades propias de cada quen. O contexto do século XXI e as dinámicas da globalización na sociedade internacional, están no xermolo destes procesos de organización global e achegan a Galicia un escenario onde enriquecer e promover a súa presenza internacional.

O Congreso busca así ser un foro de debate cívico e académico que pense arredor da participación de Galicia neste espazo internacional, desde posicións construtivas, inclusivas e pro-activas no contexto do quinto aniversario da aprobación da Lei Paz Andrade.

Obxectivos

- Reflexionar sobre o estado de desenvolvemento da Lei Paz Andrade.

- Achegarnos desde Galicia á actualidade económica, sociocultural e xeopolítica da lusofonía, con capacidade para xerar debates e ideas que permitan expresar unha visión propia.

- Impulsar a conciencia cívica e institucional sobre os retos e potencialidades que para Galicia representa o espazo lusófono en todas as súas dimensións.

- Suxerir propostas, diagnósticos, estratexias e marcos de actuación que permitan un maior aproveitamento das posibilidades que brinda a participación na lusofonía e nas relacións cos distintos países que a compoñen, para afondar no noso progreso e benestar.

- Alentar intercambios académicos e científicos que permitan fortalecer os nexos en materia de investigación, desde Galicia co espazo lusófono.

- Visibilizar a tradición de estudos internacionais de Galicia e a presenza de Galicia no espazo de lingua oficial portuguesa por medio dun Plan de comunicación do Congreso en redes sociais.

Participantes e prazos

As inscricións para participar no Congreso poderanse formalizar ata o 26 de marzo de 2019 mediante comunicación dirixida a: info@igadi.org na que debe facerse constar nome e apelidos e e-mail de contacto. A inscrición é gratuíta e expedirase certificado de asistencia a todas aquelas persoas que participen cando menos do 75% das sesións.

O prazo para a presentación de relatorios complementarios ao programa oficial finaliza o 25 de marzo. Deberán enviarse ao enderezo electrónico info@igadi.org e serán potencialmente publicados xunto as Actas finais do Congreso tralo escrutinio do Comité Científico do Congreso.

Destinatarios

• Estudantes da Universidade galega e das Universidades de lingua portuguesa. En particular, para estudantes e investigadores/as de titulacións como: Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Xornalismo, Publicidade, Comunicación Audiovisual, Turismo, Xeografía, Dereito, Económicas, Administración e Dirección de Empresas, Historia, Filoloxía e outras...

Público interesado nesta temática: Cidadanía en xeral, actores políticos, institucionais, económicos, sociedade civil, empresas, entidades socioculturais e educativas, de Galicia, Portugal, Estados e territorios de lingua portuguesa.

Programa

Os principais tópicos deste Congreso son:

• A reflexión desde Galicia sobre as posibilidades da lusofonía no mundo global.

• A participación de Galicia na lusofonía desde unha visión propia.

• O estado da implementación da Lei Paz Andrade, posibilidades e oportunidades.

O programa organizarase por medio dunha Sesión e Conferencia Inaugural, unha Conferencia de Clausura e catro sesións temáticas:

Na sesión Política trataranse temas como: o desenvolvemento da Lei Paz Andrade, o estado das relacións e participación de Galicia na CPLP, a proposta de Galicia coma Casa da Lusofonía no marco da Estratexia de Casas do Estado…

Na sesión Económica achegaranse cuestións como: o presente e futuro das relacións económicas de Galicia cos países da CPLP e o espazo amplo da lusofonía, análises das complementariedades da nosa economía cos países membros da CPLP, as fortalezas, as debilidades e oportunidades do noso posicionamento nos mercados dos países lusófonos...

Na Sesión Sociocultural abordaranse debates como: a problematización postcolonial do concepto de lusofonía e a galeguía coma alternativa ou complemento, o estado das relacións da sociedade civil galega coa sociedade civil lusófona (en sentido amplo),...

Na Sesión Xeopolítica debateranse ideas como: o estado da CPLP coma organización internacional e a “Vissao Estratégica 2026”, o estado das relacións entre os Estados membros da CPLP, as oportunidades das relacións de Galicia e España coa CPLP…

Mércores 27 Marzo

16.00  Sesión institucional de apertura

Presenta: Daniel González Palau (Director do IGADI).

• Xosé Manuel Baamonde Silva, Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

• Manuel Correia da Silva, Vice-Cónsul de Portugal en Vigo.

• Xosé Lago García, Subdirector Xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza, Director GNP-AECT, Xunta de Galicia.

• Xosé Leal Fariña, Deputado responsable Cultura Deputación de Pontevedra.

• Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra.

• Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor da Universidade de Vigo.

16.30 Conferencia Inaugural

"A lingua portuguesa: un valor global" Filipa Soares (Coordenadora da Rede de ensino portugués no estranxeiro para España e Andorra e Centro de Lingua Portuguesa do Camoes I. P. em Madrid).

Presenta: Álvaro Xosé López Mira (Universidade de Vigo).

18.00  Sesión Política

Modera: Celso Cancela Outeda (Universidade de Vigo)

Participantes: Representantes dos grupos parlamentarios con representación no Parlamento de Galicia.

• César Fernández, PPdG

• Luis Villares, En Marea

• Concepción Burgo, PSdG-PSOE

• Olalla Rodil, BNG

Xoves 28 de marzo

10.00  Sesión Económica

Modera: Manuel Vázquez (Presidente da Rede Galega de Empresa).

Participantes:

• Hakan Casares Berg (Coordenador do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura de Galicia, actualmente dirixindo o Informe “O coñecemento da lingua portuguesa, unha oportunidade para Galicia").

• Wesley Sá Teles Guerra (Fundador do CERES - Centro de Estudos das Relações Internacionais e consultor da ABRACOMEX - Associação Brasileira de Comércio Exterior, analista de relacións internacionais e paradiplomacia económica).

• Luz Castro (IMAXIN Software, tecnoloxías da linguaxe e multimedia educativo, empresa galega con máis de 20 anos de relación con Portugal e o espazo lusófono).

12.00  Sesión Sociocultural

Modera: Emilia García López (Responsable de Acción Exterior no Consello da Cultura de Galicia).

Participantes:

• Luzia Oca (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Premio VR de Ciências Sociais 2014 “Caboverdianas en Burela”, membra da Comisión de Igualdade do CCG).

• Germano Almeida (Avogado e escritor cabo-verdiano, Prémio Camões 2018).

• Elias Torres Feijó (Universidade de Santiago de Compostela, Grupo Galabra, presidente da Associação Internacional de Lusitanistas 2008-2014).

16.00  Sesión Xeopolítica    

Modera: Ângelo Cristóvão (Vicepresidente da Academia Galega da Lingua Portuguesa).

Participantes:

João Casqueira (Investigador integrado no Centro de Estudos de Populaçao, Economía e Sociedade -CEPESE, Universidade do Porto).

María Sousa Galito (Investigadora do CICS-NOVA, Universidade Nova de Lisboa e do CESA-CSG, ISEG - Universidade de Lisboa).

Luis Cardoso (Escritor de Timor Leste).

18.30  Conferencia de Clausura

"A Lei Paz Andrade como modelo de integración e cooperación europea" Xosé Carlos Morell (Empresario, foi o responsable de presentar a Iniciativa cidadá Paz Andrade no Parlamento de Galicia no ano 2013).

Presenta: Roberto Mansilla (Secretario do IGADI).

Ficha técnica

Organizan: IGADI e Observatorio da Gobernanza G3, Universidade de Vigo

Patrocinan: Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Universidade de Vigo.

Lugar de realización: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Comité Científico: Eduardo Daniel Oviedo (Universidad Nacional de Rosario-Argentina), Carmen Mendes (Universidade de Coimbra), Zhu Lun (Academia de Ciencias Sociais de China), Mónica López Viso (Universidade de Vigo); Bichara Khader (Université Catholique de Louvain), Ricardo Antunes (UNICAMP-Brasil), Luciano Concheiro Bórquez (Universidad Autónoma Metropolitana-México), Robert Matthews (New York University), Julio A. Díaz Vázquez (Universidade da Habana); Carlos A. Pereira Menaut (Universidade de Santiago de Compostela); Argimiro Rojo Salgado (Universidade de Vigo); Antonio Martínez Puñal (Universidade de Santiago de Compostela); Fernando González Laxe (Universidade da Coruña); José Soeiro (Universidade do Minho); Ramón Bouzas (Universidade de Santiago de Compostela); Ana Paula Beja Horta (Universidade Aberta, Lisboa); Amelia Sáiz López (Universitat Autónoma de Barcelona);  Eduardo Perera Gómez, (Universidad de La Habana).

Directores: Celso Cancela Outeda, Daniel González Palau e Álvaro Xosé López Mira.

Coordinación Técnica e Comunicación: IGADI.

Observacións: Todas as informacións relativas ao Congreso serán publicadas en www.igadi.org

AnexoTamaño
III Congreso Estudos Internacionais (galego)240.34 KB
III Congresso Estudos Internacionais (português)237.35 KB
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais