Noticias

Distribuir

Distribuir contido
  • 10 de Decembro de 2016

    O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI, www.igadi.gal) e a Academia Nacional de Políticas Ho Chi Minh (http://english.hcma.vn/), subscribiron o día 9 en Madrid un acordo de colaboración que permitirá realizar intercambios e investigacións entre as dúas institucións.

  • 30 de Agosto de 2016

  • 1 de Agosto de 2016

  • 15 de Xullo de 2016

    Con motivo do 25º aniversario do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) creado en 1991, a revista  Tempo exterior, dirixida por Xulio Ríos, ofrece no seu Nº 32, período Xaneiro-Xuño de 2016, unha escolma de temas e de autores que, dende os seus respectivos campos de análise e de investigación, reflexionan sobre diversas tendencias, conflitos e temáticas tanto da actualidade internacional como da acción exterior de Galicia.

  • 23 de Xuño de 2016

    O xurado da décimo quinta edición do premio Plácido Castro de Tradución acordou hoxe en Pontevedra recoñecer o labor de Marta Dahlgren pola súa tradución da obra de Karin Boye, Kallocaína.

  • 18 de Maio de 2016

    No marco do seu 25º aniversario, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), en colaboración co Concello de Pontevedra, organizan o próximo martes 24 de maio, a partir das 19:00 horas, na Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n), un ciclo de conferencias titulada “Mirando ao Mundo”, e que servirán para fomentar a reflexión e a discusión sobre diversas problemáticas e tendencias existentes na política internacional, dos conflitos e mecanismos de cooperación internacionais así como da confluencia de intereses dos actores tradicionais e doutros emerxentes dentro do sistema global.

  • 19 de Febreiro de 2016

    CONVOCATORIA BOLSAS HUAYU 2016, OFICINA ECONÓMICA Y CULTURAL DE TAIPEI - MADRID, ESPAÑA. 
    A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT), en virtude dun convenio de cooperación entre a Academia de Taiwán e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), comprace en informar da apertura de convocatoria aos interesados en cursar DÚAS (2) bolsas Huayu 2016 para a aprendizaxe do idioma chinés mandarín, dividida en dous períodos: unha (1) dun ANO de duración e outra de SEIS (6) MESES, na República de China (Taiwán).

  • 18 de Febreiro de 2016

    O IGADI fai balance en Pontevedra dos 25 anos da entidade

    O Consello Reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional debaterá tamén este sábado sobre o futuro do think tank

    Pontevedra, 18 de febreiro de 2016.- O Consello Reitor do Instituto Galego de Documentación Internacional (IGADI) reunirase en Pontevedra este sábado, 20 de febreiro, co obxecto de facer balance dos 25 anos transcorridos desde a fundación da entidade, en 1991. A cita terá lugar a partir das 12 horas no Centro Cívico Sur, onde radica o seu domicilio social desde maio do ano pasado, e contará coa participación de destacados persoeiros galegos.

  • 13 de Xaneiro de 2016

    O IGADI, que en 2016 celebra o seu XXV aniversario, e o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo, convocan este I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia co obxecto de ofrecer unha plataforma de debate e de diálogo para todos aqueles que teñan interese académico e científico nos estudos internacionais. Con vocación de continuidade, aspira a conformar unha axenda internacional para a nosa sociedade, cun futuro cada vez mais dependente da súa capacidade para posicionarse no mundo con identidade propia.

  • 9 de Xaneiro de 2016

    Unha serie de cambios políticos e a manifestación de diversas tensións que se presentan en determinados focos da política internacional dan a entender, dende un amplo abano de perspectivas, a eventual definición dun cambio de ciclo sistémico. A inédita fronte de esquerdas que actualmente goberna en Lisboa, e que levou ao socialista António Costa a desbancar a un goberno tecnócrata supeditado á “troika”, contrasta coas dificultades que debe sortear a presidenta brasileira Dilma Rousseff, en particular ante a posibilidade dun impeachment. En Asia, a posibilidade dun cambio de goberno de signo soberanista en Taiwán gravitará con forza na evolución das súas relacións con China continental. Noutro actor clave, Rusia, o presidente Vladimir Putin, observa cómo a consolidación interna do seu poder implica importantes retos a nivel internacional, condicionados polo reforzamento dos imperativos xeopolíticos. Por outra banda, a cooperación internacional ao desenvolvemento aborda momentos importantes, tomando a modo de exemplo os casos da reconstrución de Haití e o proceso aperturista cara o exterior que leva a cabo Cuba, sen menoscabar o impacto internacional de novas estratexias de integración como o TTIP e as consecuencias de conflitos esquecidos como é o do Sáhara Occidental.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais