Que é

Distribuir

Distribuir contido
Etiquetas

Ideas e ideais para ser nós no Mundo

IGADI
Centro Cívico Sur
Rúa Luís Braille, 40

36003 Pontevedra
Galicia – España
Tel. (+34) 986 84 34 36
www.igadi.org
info@igadi.org

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é un think tank independente que nace en 1991 cun dobre propósito: reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis.

 


Visión

Continuador da tradición universalista e fondamente humanista do galeguismo histórico, o IGADI promove un sistema internacional baseado na democracia, na distribución equitativa dos recursos planetarios entre persoas e pobos, na súa utilización responsable e sustentable, no respecto aos Dereitos Humanos, no compromiso coa defensa da diversidade e na busca de fórmulas de coexistencia que aseguren o diálogo integrador de todas as identidades.

Misión

O IGADI é un colectivo que desempeña o seu labor cunha clara vocación de servizo público, en condicións de plena autonomía, indispensable para fomentar unha actividade plural e transpartidaria, apostando por asentarse como un espazo de encontro no que todas as sensibilidades e disciplinas poidan desenvolverse de forma leal e eficiente. As institucións e a sociedade en xeral teñen no IGADI un instrumento colaborador das súas estratexias de acción exterior.

Os nosos obxectivos

  • Afirmarse como unha entidade influente na definición e dinamización da acción exterior dos diferentes actores institucionais a todos os niveis con interlocución directa con todos eles e capacidade para crear opinión, tanto directamente como a través dos medios de comunicación.
  • Erixirse como un referente independente para as persoas, institucións e empresas interesadas na internacionalización de Galicia e  nun centro especializado en relacións internacionais con aceptada vocación para tender pontes entre distintas tendencias políticas e socioculturais.
  • Consolidarse como unha entidade de excelencia conectada cos grandes debates internacionais e capaz de xerar reflexión crítica e coñecemento recoñecidos local e globalmente.
  • Plasmar unha alianza que fomente un proceso plural e converxente de internacionalización con identidade sobre a base da consideración de Galicia como unha autonomía no mundo.

Os nosos instrumentos

  • A formulación de iniciativas e análises, provendo información de calidade que permita a comprensión das tendencias globais e nos sitúe na vangarda da reflexión e estudo dos problemas internacionais.
  • O estímulo á investigación en ámbitos de interese estratéxico tanto para Galicia como internacionalmente, favorecendo a interdisciplinariedade e unha visión prospectiva que facilite a identificación de novas tendencias e a definición das políticas públicas.
  • A consolidación dun espazo de debate de todas as persoas e institucións interesadas  nas cuestións internacionais con vontade de xerar alianzas cun espírito de colaboración e transformador.
  • A implicación directa na dinamización de propostas concretas que favorezan un maior compromiso exterior das administracións, os axentes económicos e outros actores da sociedade civil.

Ámbitos de actividade

A nosa actividade desenvólvese en 4 ámbitos preferentes

Documentación

O Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea, único no seu xénero en Galicia, conta cunha hemeroteca especializada e recibe máis dun cento de publicacións relativas a asuntos internacionais. Trimestralmente, edita un Boletín de Sumarios.

Análise e Investigación

Os programas de investigación (Paradiplomacia; Seguridade, Conflitos e Pacificación; e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento) permiten afondar na dimensión analítica e regularizar a colaboración dos investigadores asociados ao centro, radicados en diferentes países. En Paradiplomacia analizamos o cadro teórico sobre o que se sustenta a paradiplomacia mundial definindo os eixes específicos prioritarios da paradiplomacia galega. En Seguridade, Conflitos  e Pacificación, analizamos tanto as tendencias globais como algúns estudos de caso aínda que procurando transcender a conxuntura.  En Cooperación Internacional ao Desenvolvemento analizamos o modelo galego suxerindo vías e fórmulas para o seu enriquecemento permanente.

As análises fornecidas polo IGADI aspiran a desempeñar un papel útil na toma de decisións e a significar un nivel de especialización internacionalmente recoñecido nos eidos preferentes de investigación. A tal efecto, presta especial atención á interacción co mundo académico e universitario.

Difusión

Plásmase na elaboración e publicación de numerosas tribunas e espazos de opinión sobre problemas, conflitos e tendencias internacionais en numerosos medios de comunicación (de prensa, radio e televisión) e revistas especializadas, tanto de Galicia como de fóra dela.

Ademais da colección Texturas Internacionais, no eido das publicacións destaca a revista semestral de estudos internacionais, Tempo exterior, creada en 1997 e refundada no ano 2000. Tempo exterior, que conta cun amplo Consello Académico, é un  lugar de encontro para a reflexión e o debate, co obxecto de ir perfilando as bases comúns de actuación da sociedade galega no mundo. Publica tamén o Igadi Annual Report e o We in the World, informe sobre a acción exterior de Galicia. En 2011 iniciou a publicación do Informe Mundial sobre Estados de Feito.

A rede ORBALIA, de periodistas interesados na información internacional (en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), organizada e dinamizada polo IGADI, ten por obxecto dar maior visibilidade nos medios de comunicación á información e análise internacional e a centrala nos intereses exteriores galegos.

O IGADI forma e proporciona expertos en asuntos internacionais.

Xestión

O IGADI promoveu en 1997 a creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (www.fondogalego.org) e hoxe exerce a Secretaría Técnica desta asociación de municipios e deputacións. O Fondo Galego agrupa a máis dun cento de entidades locais que poñen en común as súas accións de cooperación ao desenvolvemento.

O Observatorio de la Política China (www.politica-china.org), é un proxecto promovido polo IGADI que conta co apoio de Casa Asia. O seu obxectivo consiste en efectuar un seguimento permanente da evolución política no mundo chinés prestando atención ao seu sistema político e legal, a política exterior, Taiwán, as nacionalidades minoritarias, os dereitos humanos, ou a seguridade e defensa. O IGADI tamén promoveu e xestiona a Rede Iberoamericana de Sinoloxía na que participan máis de vinte especialistas dunha ducia de países. O OPCh publica o Informe Anual de la Política China e organiza o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.

O Observatorio Galego da Lusofonía, OGALUS, pon o acento na lingua ao promover o seguimento analítico da actualidade xeral dos países integrantes da lusofonía xerando propostas de sensibilización e dinamización da cooperación galego-lusófona a todos os niveis.

A creación e impulso da Fundación Plácido Castro (2001), coa participación dos concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, ademais da Asociación de Tradutores Galegos, serve para reivindicar a obra e o pensamento dunha figura singular do galeguismo histórico. A Fundación organiza unha Conferencia Anual e un Premio de Tradución, entre outras actividades.

Somos un equipo

A estrutura do IGADI inclúe un equipo básico permanente no que se inclúen analistas, webmaster e persoal de administración, complementado cunha rede de colaboradores e investigadores asociados.

O Consello Reitor, plural a todos os niveis, achega un complemento de alta significación para a avaliación, mellora e actualización permanente dos seus obxectivos e actividades.

O IGADI acolle a estudantes en réxime de prácticas tuteladas e fomenta o intercambio de investigadores. Arredalia é a rede que agrupa aos antigos alumnos en prácticas.

Prioridades destacadas para o período 2011-2016

Profundar nas principais áreas xeopolíticas de estudo: América Latina, Mundo Chinés, Oriente Medio, Países da Lusofonía, Europa –con especial atención ao mundo celta e o Leste- e o espazo da antiga URSS.

Integrar a formación como un ámbito de interese específico fomentando a participación en cursos organizados por diferentes Universidades ou centros de estudo, tanto públicos como privados, así como por outras entidades preocupadas pola obtención dunha suficiencia académica cualificada. Tamén mediante a promoción de cursos e iniciativas propias.

Mellorar a difusión do discurso e os documentos do IGADI procurando que cheguen con maior fluidez ás persoas e colectivos interesados, moi especialmente ao entorno das entidades afíns no ámbito europeo e internacional.

Alargar o abano de persoas e institucións implicadas nas nosas actividades, moi particularmente nos eidos empresarial, político e asociativo.

Consolidar o IGADI como referente en Galicia do debate, a reflexión plural e o intercambio intercultural capaz de xerar ideas innovadoras e de incidir de modo efectivo no tecido social en cuestións internacionais.

Pular o establecemento de sinerxías e a potenciación de converxencias con entidades que, dentro de Galicia ou fóra dela, compartan obxectivos semellantes, formalizando alianzas e asegurando a integración en diferentes redes globais.

 

 

  • Idee ed Ideali per matenere la nostra indentitá nel Mondo

    L’Isituto Galiziano di Analisi e Docuemtnazione Internazionale (IGADI) è un think tank indipendente, che nasce nel 1991 con un doppio proposito: riflettere sui problemi e le tendenze della società internazionale contemporanea e promuovere una maggiore Inclusione della Galizia nel mondo.

  • Idee i ideały, aby pozostać sobą w świecie

    Galicyjski Instytut Analizy i Dokumentacji Międzynarodowej (IGADI) jest niezależnym think tankiem powstałym w 1991 roku w dwojakim celu: prowadzenia refleksji dotyczącej problemów i tendencji obserwowalnych we współczesnym społeczeństwie międzynarodowym oraz stymulacji międzynarodowej aktywności Galicji we wszystkich sferach.

  • Idees i Ideals per ser Nosaltres mateixos al Món

    L'Instituto Galego de Análise i Documentación Internacional (IGADI) és un think tank independent que neix el 1991 amb un doble propòsit: reflexionar sobre els problemes i tendències de la societat internacional contemporània i impulsar una major inserció de Galícia al món a tots els nivells.

  • Ідеї та ідеали, що дозволяють мати своє обличчя в світі

    Галісійська інститут міжнародного аналізу та документації (IGADI) являє собою незалежний аналітичний центр, заснований в 1991 році з подвійною метою: осмислення проблем і тенденцій сучасного міжнародного співтовариства та сприяння ширшому залученню Галісії до міжнародного життя на всіх рівнях.

  • Идеи и идеалы, позволяющие иметь свое лицо в мире

    Галисийский институт международного анализа и документации (IGADI) представляет собой независимый аналитический центр, основанный в 1991 году с двойной целью: осмысление проблем и тенденций современного международного сообщества и содействие более широкому вовлечению Галисии в международную жизнь на всех уровнях.

  • 为了在这个世界上成为我们“自己”的想法和理念

    加利西亚国际分析和文档学院(IGADI)是一所独立的智囊机构,创建于1991年,其目标是:研究分析当代国际社会的国际问题和国际潮流,推动加利西亚地区积极参与各层次的国际事务。

  • Ideas and Ideals to be Ourselves in the World

    The Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) is an independent think tank, founded in 1991 with a two-fold purpose: to reflect upon the problems and trends present in contemporary international society and to promote the greater international incorporation of Galicia at all levels.

  • Idées et idéaux pour nous affirmer dans le monde

    L'Institut galicien d'analyse et de documentation internationale (IGADI) est un think tank indépendant né en 1991 avec un double objectif : réfléchir sur les problèmes et tendances de la société internationale contemporaine et agir pour une plus grande insertion de la Galicie dans le monde à tous les niveaux.

  • Ideias e Ideais para ser Nós no Mundo

    O Instituto Galego de Análise e Documentação Internacional (IGADI) é um think tank independente que nasce em 1991 com um duplo objetivo: refletir sobre os problemas e tendências da sociedade internacional contemporânea, e incentivar uma maior inserção da Galiza no mundo a todos os níveis.

  • Ideas e ideales para ser nosotros en el Mundo

    El Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) es un think tank independiente que nace en 1991 con un doble propósito: reflexionar sobre los problemas y tendencias de la sociedad internacional contemporánea e impulsar una mayor inserción de Galicia en el mundo a todos los niveles.

  • 世界における「私たち」になるための主義主張

    IGADIは1991年に創設された独立系シンクタンクである。その目的は、現代の国際社会の問題や傾向を考察し、また、世界においてガリシアの存在を向上させることである。

  • Ideen und Ideale, um in dieser Welt wir selbst zu sein

    Das galizische Institut für internationale Analyse und Dokumentation (IGADI) ist ein unabhängiger Think-Tank, der 1991 gegründet wurde und zwei Hauptziele verfolgt: über die Probleme und Tendenzen der aktuellen internationalen Gesellschaft nachzudenken und die verstärkte Eingliederung Galiziens weltweit auf allen Ebenen voranzutreiben.

  • Munduan Gu geu izateko Ideiak eta Gogo-asmoak

    Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)   —Galiziako Nazioarteko Analisi eta Dokumentaziorako Institutua— think tank beregain bat da, 1991n sortua  asmo bikoitz batekin: bateko, nazioarteko gizarte garaikidearen arazoei eta joerei buruzko gogoeta egitea eta, besteko, Galizia munduan maila guztietan txertatuago egon dadin bultzatzea.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais