25 Tarefas en 25 Anos. Iniciativas Destacadas do IGADI

Distribuir

Distribuir contido

O IGADI constituíuse o 10 de setembro de 1991. En 2016 cumpre 25 anos de existencia

Entre as accións promovidas neste cuarto de século destacamos:

  1. A creación do CIDIC (Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea)
    Neste centro atópanse depositadas diversas series de publicacións de referencia no eido das relacións internacionais nun espazo documental único en Galicia.

  2. A promoción do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a formulación dunha política de cooperación ao desenvolvemento coordinada cos intereses estratéxicos de Galicia
    O Fondo Galego é un piar do sistema de cooperación. O IGADI foi o seu inspirador e exerce a súa Secretaría avogando por un modelo diferenciado de cooperación que atenda tanto ao espazo local como a unha especialización xeográfica que privilexie o ámbito da lusofonía.

  3. A reivindicación da figura de Plácido Castro
    O IGADI formúlase como unha expresión orgánica de continuidade coa mellor tradición do galeguismo universalista e atopa en Plácido Castro (1902-1967) unha referencia persoal que reivindica de modo activo e expreso, dispoñendo medios (Fundación) e axenda (actos, publicacións…) para unha mellor difusión do seu ideario e pensamento. 

  4. A creación do Observatorio de la Política China
    Este Observatorio (coa súa Rede Iberoamericana de Sinoloxía, o Taiwan Hebdo, o Jiexi Zhongguo, o programa Minzu, os simposios electrónicos internacionais, etc.) é un referente no acompañamento dos estudos chineses en toda a área iberoamericana. Ademais, o IGADI é punto de contacto da Academia de Taiwan e xestiona anualmente dúas becas para a aprendizaxe do chinés

  5. A creación do Observatorio Galego da Lusofonía 
    Quixo ser expresión dunha acción exterior con acento na lingua mantendo unha atención constante aos países e rexións de lingua oficial portuguesa a fin de promover o maior aproveitamento da vantaxe comparativa que supón a facilidade con que as persoas galegas poden entenderse e facerse entender nos territorios lusófonos. 

  6. A elaboración do Libro Branco da Acción Exterior de Galicia
    Constituíu a primeira formulación no Estado español neste formato dunha estratexia de acción exterior sistematizada e con vocación de permanencia, identificando as nosas especificidades e intereses neste eido e determinando propostas para facilitar unha ampla e transpartidaria Alianza por Galicia no Eido Exterior. 

  7. A promoción dos Foros Bilaterais coa Diáspora
    A idea da creación dun terceiro espazo capaz de identificar e dinamizar sinerxías entre a Galicia territorial e a Galicia da diáspora con proxección en diferentes ámbitos responde á necesidade de buscar fórmulas cooperativas e de integración do capital relacional que representa a emigración para nós. 

  8. A formulación de estratexias para a promoción exterior da cultura galega
    Galicia é un país cun sistema político que asenta en catro poderes. O cuarto é a cultura. A proxección exterior de Galicia non pode prescindir da cultura. Antes ben, este debe ser un valor privilexiado para garantir a nosa presenza global.

  9. Servizos á internacionalización empresarial
    Dende a proposta dun Observatorio exterior ata as misións de acompañamento empresarial, o fomento da participación galega nos programas de licitación internacional ou a elaboración de estudos de mercado, o IGADI contemplou a internacionalización empresarial como un ámbito inescusable da súa acción.

  10. Novos enfoques para unha acción exterior do poder local galego e a xeración de boas prácticas
    Concellos e Deputacións dispoñen dunha ruta internacional específica que compre percorrer. O IGADI achegou propostas concretas tanto no plano individual como corporativo (FEGAMP) para reivindicar e rigorizar estas prácticas.

  11. A promoción do Foro Iberoamericano e dos Coloquios Euroamericanos
    Galicia ten en Baiona un capital infrautilizado para reivindicar un posicionamento específico arredor das relacións euroamericanas. 

  12. Labor constante de lobby respecto de institucións e actores significados da sociedade galega para prestar maior atención ao exterior
    Abrir camiños a unha maior sensibilidade respecto do exterior a fin de incluílo na axenda das principais institucións e actores do país ten sido unha preocupación constante do IGADI. Neste sentido, entre outros, procuramos abondar na comisión da reforma do Estatuto do Parlamento de Galicia.

  13. A creación de Tempo exterior, revista galega de estudos internacionais
    Tempo exterior, de periodicidade semestral, sitúanos na vangarda das publicacións en materia de relacións internacionais existentes no Estado español onde é a única que sobresae nunha lingua dunha nacionalidade minoritaria.

  14. A elaboración de informes de referencia
    O IGADI Annual Report, o We in the World, o Informe Mundial de Estados de Feito ou os informes anuais sobre política chinesa e taiwanesa, veñen a ratificar que “en Galicia temos opinión do Mundo”.

  15. A promoción dunha liña de publicacións sobre asuntos internacionais
    Con medios propios ou en colaboración con diversas editoriais, o IGADI estimulou a presenza no noso mercado de propostas bibliográficas sobre temas internacionais. Cabe neste sentido destacar coleccións como Pretextos Internacionais ou Texturas Internacionais. 

  16. A posta en marcha de programas de investigación sobre Paradiplomacia, Conflitos, seguridade e Paz, e cooperación ao desenvolvemento
    Estes programas estaban chamados a crear equipos en diversas áreas facilitando a intercomunicación e a especialización así como a xeración de ideas, propostas e voces cualificadas. 

  17. A constante presenza en diferentes medios de comunicación
    Os analistas do IGADI comparecen de forma activa en medios de diferentes países para acompañar a interpretación de feitos puntuais da axenda internacional.

  18. A celebración de múltiples cursos, ciclos, seminarios e conferencias arredor de temas internacionais
    Ben por iniciativa propia ou en colaboración con diferentes universidades ou outras entidades, a participación en todo tipo de propostas divulgativas ou formativas é unha nota característica do IGADI. Cabe destacar como proposta singular as sucesivas edicións do Curso Superior de Información e Relacións Internacionais ou os módulos formativos en dereitos humanos para colectivos específicos.

  19. A participación en master e cursos on line sobre temas internacionais
    A xestión de módulos en diversas materias e/ou a elaboración de materiais formativos forman parte do capital académico acumulado polo IGADI. 

  20. A presenza na Rede
    A xestión e mellora constante do noso portal e a nosa participación nas redes garante unha presenza cualificada de Galicia nun área de proxección singular e de importancia global. 

  21. O establecemento de vínculos con organismos de Nacións Unidas e a tradución ao galego de textos internacionais relevantes
    Sen mingua dos posicionamentos críticos cando procederan, a colaboración co sistema onusino ten sido  unha característica do IGADI, promovendo contactos directos e alentando vías de difusión do seu ideario.

  22. A reivindicación conmemorativa da participación de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas (1933)
    Este evento histórico debe pasar a formar parte activa da nosa memoria colectiva. Somos un país no mundo. 

  23. Acollemento de alumnos de diversas partes do mundo en estadías de investigación e prácticas
    Nestes 25 anos, o IGADI acolleu estudantes e becarios en réxime de prácticas de diferentes países de Europa, América e Asia. 

  24. A creación e participación en redes de colaboradores e institucións afíns
    Tanto a nivel galego como internacional, o IGADI pula pola confluencia e a xeración de oportunidades colaborativas para que a suma de  sinerxías e a converxencia de intereses transcenda os limitados recursos dispoñibles. 

  25. Un posicionamento de Galicia na área das relacións internacionais
    A existencia do IGADI e a constancia do seu labor fai que Galicia conte cun think tank capaz de contemplar o mundo desde aquí e de proxectármonos como colectividade nun contexto internacional que brinda posibilidades anovadas de participación.

O modelo do IGADI asenta en catro piares básicos: compromiso, independencia, servizo á cidadanía e combinación de reflexión e xestión. 

 

25 tasks for 25 years. Relevant Initiatives 

The Galician Institute of Analysis and International Documentation (IGADI) was founded on September 10, 1991. In 2016, it celebrates its 25th anniversary

Among the initiatives undertaken in this quarter of a century, we would highlight in particular: 

  1. The establishment of CIDIC (Center for Contemporary International Information and Documentation) 
    A varied range of benchmark publications on International Studies are deposited in this Center, which is a unique documentary space in Galicia. 

  2. The promotion of the Galician Fund for Cooperation and Solidarity and the making of development cooperation policies in compliance with the strategic interests of Galicia 
    The Galician Fund is one of the pillars of the cooperation system. Its establishment was inspired by IGADI, which serves as its Secretariat, in defense of a differentiated cooperation model committed to both the local area and a geographical specialization favoring the Portuguese-speaking territories. 

  3. The vindication of the figure of Plácido Castro 
    IGADI was created as an organic expression giving continuity to the Universalist Galicianism tradition. This trend has Plácido Castro (1902-1967) as a personal exponent to be actively and expressly vindicated by resorting to our means (Foundation) and agenda (events, publications…) in order to better diffuse his ideology and thinking. 

  4. The establishment of the Observatory of Chinese Politics 
    This Observatory (along with the Spanish-American Sinology Network, the Taiwan Hebdo, the Jiexi Zhongguo, the Minzu program, international e-symposia, etc.) is a referent in the field of Chinese studies in the Latin American area. The IGADI is Contact Point of Taiwan Academy and annually awarding two scholarships for the study of the Chinese language.

  5. The creation of the Galician Observatory of Lusophony 
    This entity is intended to be an expression of an external action having a language-based approach. Its actions are focused on countries and regions whose official language is Portuguese, thus trying to exploit the comparative advantages deriving from the linguistic proximity of Galician and Portuguese, which allows Galician people to communicate easily in Lusophone territories. 

  6. The devising of the White Paper of Galician External Action 
    It was the first initiative of this kind in Spain. It is a systematized external action strategy formulated with a long-term perspective, on the basis of our characteristics and interests in this field. Proposals are set out with a view to facilitate the establishment of a broad and cross-party Alliance for Galicia in the External Side. 

  7. The promotion of bilateral forums with Diaspora 
    The idea of creating a third space enabling us to identify and invigorating synergies between territorial Galicia and Diaspora Galicia with a multi-field scope responds to the need of finding cooperative and integrating formulas so as to develop the relational capital of emigration. 

  8. The development of strategies for the promotion of Galician culture abroad 
    Galicia is a nation with a political system based on four powers, the fourth of which is its culture. Therefore, Galician external projection must not dispense with culture, since it is a special value for our global presence. 

  9. Services for businesses internationalization 
    IGADI has always regarded business internationalization as an unavoidable field of action. Hence the reason for many of our initiatives, from our proposal for an External Observatory to the business-baking missions, the promotion of Galician participation in international tendering processes and the making of market research. 

  10. New perspectives for an external action of Galician local power and the use of best practices 
    Local and provincial councils have a specific international path to be followed. IGADI formulates specific proposals for both individual and corporate (FEGAMP) level in order to vindicate and refine these practices. 

  11. The promotion of the Latin American Forum and the Euro-American Colloquium 
    The Galician town of Baiona is an underused value to the vindication of a specific positioning in the Euro-American relations

  12. Constant lobbying before important actors and institutions of Galician society so as to pay better attention to the external issues 
    IGADI has always been concerned about the importance of opening ways and having a higher sensibility towards external action so that it is included in the agenda of the main institutions and actors in our country. In this respect, we are trying to push in that direction by participating in the Statute of Autonomy Review Commission. 

  13. The creation of Tempo exterior, the Galician journal of international studies 
    The weekly journal Tempo exterior puts us at the forefront of publications in the field of international studies in the Spanish State, as it is the most outstanding journal in the language of a minority nationality. 

  14. Delivering reference reports 
    IGADI’s Annual Report or We in the World, the Informe Mundial de Estados de Feito (World Report on De Facto States) or annual reports on Chinese and Taiwanese politics serve us to ratify that “in Galicia, we have a view of the World”. 

  15. The development of a line of publications on international matters 
    IGADI, by making use of its own means or by collaborating with different publishing houses, promotes the presence of literature offer on international matters. In this regard, certain publications could be noted, such as Pretextos Internacionais or Texturas Internacionais. 

  16. The conduction of research programs on Paradiplomacy, Safety and Peace, Conflicts and Development Cooperation 
    These programs were created with the aim of establishing teams in several areas, thus easing communication and specialization as well as generating ideas, proposals and intellectual authorities. 

  17. A strong presence in the public media 
    IGADI’s analysts appear actively in the media in different countries so as to assist in the analysis of single events of the international agenda. 

  18. The holding of courses, conferences and seminars on international issues 
    One of IGADI’s special traits is its determination to participate in informative or educational initiatives, whether they are proposed of our own accord or in cooperation with different Universities or other entities. A unique initiative is the successive editions of the Advanced Course on Information and International relations or the training modules on Human Rights for specific target groups. 

  19. The participation in Masters Programs and online courses on international matters 
    Module’s management in different subjects and/or the devising of training materials are part of IGADI’s academic patrimony. 

  20.  Internet presence 
    The management and constant improvement of our website and our participation on networks guarantee a qualified presence of Galicia in a specifically scoped and internationally important area. 

  21.  Linkage establishing with the UN agencies and translation into Galician of relevant international texts 
    Without avoiding critical stances when needed, IGADI has always cooperated with the UN system with the purpose of promoting direct contact and encouraging the diffusion of its outlook. 

  22. The commemorative vindication of Galician participation in the Congress of European Nationalities (1933) 
    This historical event must become an active part of our collective memory. We are a Nation in a World. 

  23. Receiving foreign students for research and study stays 
    In these 25 years, IGADI has received students and interns from different countries of Europe, America and Asia. 

  24. The creation of synergies and participation in partner networks and associated institutions 
    At Galician as well as at International level, IGADI advocates for convergence and creation of collaborative opportunities aiming to make the sum of synergies and the confluence of interests go further than the available resources. 

  25.  Galicia’s positioning in international relations 
    IGADI and its continued work allows Galicia to count on a think-tank being able to contemplate the world and to project ourselves as a collective to the international context, thus bringing about new possibilities of participation. 

IGADI’s model is based on four basic pillars: commitment, independence, citizen service and the combination of reflection and management.

 

AnexoTamaño
25 Tarefas en 25 Anos. Iniciativas Destacadas do IGADI // 25 tasks for 25 years. Relevant Initiatives 270.18 KB
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais