Distribuir contido

XIX Congreso

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1905 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

02/03/2017
02/03/2017

O líder chinés Xi Jinping afronta agora o ecuador do seu mandato si, como é habitual e espérase, renova xefatura ata 2022. Así pois, este será un ano de inevitable balance. No outono, no XIX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), debe consolidar o alcanzado pero antes, nas “dúas sesións” que as cámaras parlamentarias chinesas celebrarán a partir da próxima semana, calibraranse as súas expectativas. 

27/01/2017
27/01/2017
Praza/Público

A carreira cara ao XIX Congreso do PCCh discorre como unha maratón que agora vive algúns dos seus tramos crave. O espello dese proceso é a substitución de líderes nos chanzos intermedios de alto nivel, xa sexa nas entidades centrais ou no poder territorial. Nas últimas semanas, trala sexta sesión plenaria do Comité Central de outubro do pasado ano que encumbrou a Xi Jinping como “núcleo” da dirección do partido, producíronse relevos significativos. 

24/11/2016
24/11/2016
Sermos Galiza

Xi Jinping accedeu á secretaría xeral do Partido Comunista da China (PCCh) a finais de 2012, relevando a Hu Jintao. Os catro anos que leva de mandato veñen marcados por un intenso profundamento do proceso de reforma e apertura iniciado en 1978 a instancias de Deng Xiaoping.

10/10/2016
10/10/2016
The Huffington Post

A finais do presente mes de outubro, Xi Jinping afrontará o pleno do Comité Central do PCCh que inicia a conta atrás para o XIX Congreso, a celebrar a finais do ano próximo. O propio PCCh figura na axenda deste encontro que, sobre todo, pode clarificar algunhas expectativas sobre o signo último da renovación da dirixencia de cara ao próximo lustro (2017-2022), cando o PCCh celebrará o seu primeiro centenario. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais