Distribuir contido

Xi-Trump

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2077 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

20/04/2018
02/05/2018
ECO

Miguel Díaz-Canel foi aclamado polos seus pares do Parlamento cubano ao ser elixido por práctica unanimidade como novo presidente da illa caribeña. A súa non foi unha elección improvisada senón produto da planificación interna do Partido Comunista de Cuba, desta vez sen cometer o erro de acelerala como noutros casos, segundo dixo Raúl. O feito é que a xeración que naceu despois da Revolución de 1959 deu un paso á fronte e isto traerá mudanzas, aínda que haxa polo momento máis continuidades ca rupturas.  

09/04/2017
09/04/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 3 ao 9 de Abril de 2017

1. Informe

O cume Trump-Xi do 6 e 7 de abril non ofreceu máis novidade a Taiwán que a ausencia de novidades. EUA acordara informar a Taipéi antes e despois do encontro. Previamente, Washington foi instado, por activa e por pasiva, a salientar o seu apoio a Taipéi durante as súas interaccións con Beijing. A evocación da firma dun cuarto comunicado conxunto ou sequera unha alusión directa nunha hipotética declaración final, similar á de 2009 entre Barack Obama e Hu Jintao, espertara preocupación en certos sectores.

06/04/2017
06/04/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 20 ao 26 de Marzo de 2017

1. Informe

O anuncio do cume Trump-Xi en abril disparou a inquietude en Taipéi. A presidenta do Consello de Asuntos de China Continental, Katharine Chang, dixo no Yuan Lexislativo que seguiría de cerca a reunión e chamou a EUA a non utilizar a Taiwán como moeda de cambio para mellorar as relacións con China continental. O goberno recoñece que a interacción de alto nivel entre Washington e Beijing pode afectar ao desenvolvemento das relacións a través do Estreito e aos intereses de Taiwán polo que foron creados grupos ad hoc para acompañar e analizar as repercusións de devandito encontro. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais