Distribuir contido

Xapón

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1883 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

06/04/2017
06/04/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 27 de Marzo ao 2 de Abril de 2017

1.      Informe

O caso de Lee Ming-che ameaza con agravar o distancamento entre Taipéi e Beijing. Lee, ex empregado do PDP e xefe de estudos na Universidade Wenshan, desapareceu logo de entrar en China a través de Macau o 19 de marzo, ao parecer co propósito de arranxar tratamentos médicos para a súa sogra. Recoñecido defensor dos dereitos humanos, a súa desaparición volve suscitar serias dúbidas sobre a seguridade das persoas que traballan coa sociedade civil de China, dixeron fontes de Amnistía Internacional. O goberno mostrouse disposto a facer todo o posible para obter a súa liberación. 

21/02/2017
01/03/2017
ECO

Os libros de texto tamén poden ser campos de batalla. Acontece en Asia e involucra a potencias principais como China ou Xapón con feridas abertas que ninguén consegue pechar e que van camiño de se converter en toda unha expresión da pugna permanente pola hexemonía rexional.

04/11/2016
04/11/2016
Tempos Novos

O anunciado desembarco de capital chinés no Real Clube Celta de Vigo trouxo de novo á actualidade a presenza do xigante asiático en Galicia. Os investimentos do país oriental veñen medrando nos últimos anos de forma relativamente discreta pero sostida. O interese polo fútbol é unha anécdota. Ou non. Non responde exclusivamente a intereses deportivos ou económicos. Que tamén. Na primavera deste ano, as autoridades chinesas presentaron un plan que ten por obxectivo convertir o país nunha “superpotencia mundial do fútbol” en 2050. En tres lustros, segundo as estimacións do Partido Comunista, China –onde hai varios séculos xa se xogaba a algo similar, o cuju- participará nunha Copa do Mundo, organizará un Mundial e estará en condicións de gañalo. En tres anos, a selección masculina debe ser a mellor de Asia. E en pouco máis haberá uns cen potentes equipos noutras tantas cidades do país. En China hai plans, tamén para isto. En Galicia?

11/08/2016
11/08/2016
Público

Tralo ditame da Corte Permanente de Arbitraxe da Haia do pasado 12 de xullo, contrario ás teses de China respecto dos seus pretendidos dereitos históricos nas illas e augas disputadas do Mar de China meridional, aumentan os signos de inestabilidade en toda a súa periferia marítima.

09/08/2016
09/08/2016
Asia Northeast

Desde a chegada de Tsai Ing-wen e o PDP (Partido Democrático Progresista ou Minjindang) á presidencia taiwanesa, o distanciamento respecto de Beijing viuse complementado con claros xestos de reafirmación da asociación de seguridade con EUA ou a formulación da Nova Política cara ao Sur con especial fincapé en Asia meridional (India, sobre todo) no marco dun reaxuste xeral da diplomacia taiwanesa. Asoma como un dos seus signos distintos a especial proxección de Xapón.

30/04/2016
01/05/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 25 de abril ao 1 de Maio de 2016

1.      Informe

A persecución, inspección e captura do pesqueiro taiwanés Dong shen ji Nº 16 por parte de oficiais navais de Xapón nas inmediacións do atol Okinotorishima puxo de novo sobre a mesa a insuficiencia dos acordos bilaterais e a facilidade con que se poden desatar tensións na zona. O Acordo de Pesca subscrito entre Taiwan e Xapón refírese a zonas de superposición de uso económico a nivel bilateral e non permite solucionar este incidente segundo as previsións de devandito texto.

11/06/2014
11/06/2014
Praza

Trala súa xira por Xapón, o Presidente da Xunta de Galicia amosouse convencido do acerto de acercarse á terceira economía do mundo. Pero, cal é o balance desta viaxe que cubriu “ao cen por cen” as expectativas? Xulguemos polo anunciado: próxima visita a Galicia dunha delegación da distribuidora AEON, probable visita dos grandes almacéns ISETAN, probable visita a Galicia dun responsable da asociación de fabricantes de automóbiles, visita de representantes do Laboratorio de Pesca da Universidade de Kinki, posibilidades con Nissan, posibilidades con NTT Data, posibilidades para o CTAG,… Feijóo mantivo unha axenda xenerosa, celebrou reunións con institutos e asociacións, visitou grandes almacéns…. En resumo, unhas vinte horas de voo, máis de 10.000 km de distancia, cinco días de encontros, pero unha viaxe que ante todo foi exploratoria resultando en ningún acordo reseñable. Para quen sempre gosta de presumir de eficiencia e calidade na xestión, o balance demostra que a viaxe careceu dunha misión preparatoria elemental que lle permitira ao Presidente algo tan simple e esencial como pechar acordos. A fin de contas, a iso van fóra os presidentes, non só a repartir convites e tarxetas de visita.

24/04/2014
26/04/2014
Praza

A xira asiática que desenvolve esta semana o presidente Obama pretende marcar un punto de inflexión na relación con algúns dos seus principais aliados e coa rexión no seu conxunto. Obama visita Xapón, Corea do Sur, Filipinas e Malasia. Con ela pretende compensar a viaxe cancelada en outubro pasado polo peche do goberno estadounidense e será o seu quinto desprazamento á rexión desde que asumiu a presidencia. Esta é a primeira visita á rexión desde 2012.

17/02/2014
17/02/2014
Tempos Novos

No Foro de Davos 2014 celebrado a finais de xaneiro, o primeiro ministro xaponés Shinzo Abe alertou da gravidade das tensións acumuladas en Asia-Pacífico, acusando a China, sen nomeala, de representar unha ameaza para a paz e a estabilidade da rexión. Abe veu comparar a situación da Asia de hoxe e a Europa de fai un século, con paralelismos entre a Alemaña e o Reino Unido de entón e a China e o Xapón de hoxe. Ás poucas semanas, o presidente filipino Benigno Aquino III comparou o estatus de Filipinas nas súas disputas territoriais con China coa de Checoslovaquia antes da II Guerra Mundial. Na Conferencia de Seguridade de Múnic, a representante chinesa, Fu Ying, descartou calquera analoxía entre a Asia de hoxe e a Europa de entón, destacando que China non alenta ningún proceso de expansión e que require un ambiente pacífico para fortalecer o seu desenvolvemento. Pero as comparanzas -e as súas implicacións- non ceden.

16/12/2013
16/12/2013
OPCh

Semana del 8 al 15 de Diciembre

1.Informe

Esta semana se celebró la quinta reunión de la Comisión de Cooperación Económica a través del Estrecho de Taiwán (CSECC, siglas en inglés), un órgano creado en el marco del Acuerdo Marco de Cooperación Económica (ECFA, siglas en inglés), suscrito en junio de  2010.  En su agenda, configurada a partir de los avances conformados por sus seis grupos de trabajo, han figurado asuntos como la implementación del programa de “cosecha temprana” (destinado a evidenciar socialmente las ventajas del acuerdo antes de la liberalización plena de los lazos económicos) y el progreso en las negociaciones para la firma de un pacto de comercio de mercancías.

23/07/2013
23/07/2013

El pasado 21 de julio se celebraron las elecciones para la Cámara Alta de Japón. El Partido Liberal Democrático (PLD) obtuvo 65 escaños mientras que el Partido Nuevo Komeito (PNK) obtuvo once. Teniendo en cuenta los escaños no renovados, la coalición PLD-PNK obtuvo la mayoría en la Cámara Alta. El Partido Democrático de Japón (PDJ), hasta ahora el partido más fuerte en la Cámara Alta, disminuyó numerosos escaños en la Cámara Alta, de la misma forma que en las elecciones generales de diciembre pasado. 

25/06/2013
25/06/2013

O próximo mes de xullo celebraranse as eleccións para a Cámara Alta de Xapón. Para o actualmente gobernante Partido Liberal Democrático (PLD), estes comicios son importantes debido a que aumentarían o seu poder político en caso de obter a maioría de escanos. Desde o ano 2007, o opositor Partido Democrático de Xapón (PDX) foi o partido máis forte na Cámara Alta, aínda que sen obter a maioría, malia que finalmente si alcanzouna na Cámara Baixa en 2009. 

27/03/2013
28/03/2013
Praza Pública

O Tribunal Superior de Hiroshima ditou unha sentenza sinalando que as eleccións xerais celebradas en Xapón en decembro de 2012 eran “inconstitucionais e inválidas”. Segundo a sentenza, existía unha desigualdade do valor do voto nas últimas eleccións xerais.

19/02/2013
19/02/2013
Tempos Novos

Se ata hai pouco a rexión de Asia-Pacífico viña sendo obxecto de comentarios por regra xeral eloxiosos en razón do incremento substancial das súas potencialidades económicas ata o punto de converterse no novo motor e epicentro da economía mundial e mesmo polos avances rexistrados na redución da pobreza (en 20 anos pasou do 58% ao 16%), xorden agora múltiples preocupacións respecto da capacidade dos principais países da rexión para dar avío a esquemas de seguranza que poñan coto ao incremento das tensións na zona. En paralelo, o anuncio do regreso de EUA á rexión esperta vellas pantasmas que ameazan cunha guerra fría de novo signo marcada pola xeración de propostas de integración excluíntes e o auxe da carreira de armamentos.

13/12/2012
13/12/2012

Tomando en conta as últimas enquisas electorais, existe unha elevada probabilidade de cambio político en Xapón nas eleccións xerais que se celebrarán este domingo 16 de decembro. Segundo a última enquisa de opinión elaborada polo xornal Mainichi, o Partido Liberal Democrático (PLD) e o Partido Novo Komeito (PNK) obterían aproximadamente uns 300 escanos dos 480 totais existentes na Dieta ou Cámara Baixa.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais