Distribuir contido

Unha soa China

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1933 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

12/02/2017
12/02/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
semana do 6 ao 12 de Febreiro de 2017

1. Informe

O venres 10 de febreiro, os presidentes chinés e estadounidense conversaron por teléfono, a primeira conversación entre ambos desde a toma de posesión o 20 de xaneiro en Washington. O portavoz presidencial, Alex Huang, asegurou que Taiwán mantén estreitos contactos e comunicación con EUA para asegurar “cero sorpresas”. 

04/12/2016
04/12/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 28 de Novembro ao 4 de Decembro

1. Informe

Todos parecen interesados en que a conversación telefónica da presidenta Tsai Ing-wen co presidente electo de EUA, Donald Trump, o venres, non desate unha grave crise diplomática entre as dúas maiores economías do mundo. Aínda así, foi todo un acontecemento. Trátase da primeira conversación entre mandatarios de ambas partes desde que EUA e a República de China cortaron relacións diplomáticas en 1979. E un éxito indisimulable para Taipei cando a presidenta Tsai enfronta horas ben baixas na súa popularidade tras seis meses de exercicio.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais