Distribuir contido

Ucraína

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1825 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

26/05/2016
26/05/2016
IGADI

Unha análise de Briaxis Fernández Méndez

Que a Constitución ucraína é unha bomba-reloxo institucional non é ningún segredo. Ao combinar elementos dun rexime parlamentar cun forte componente presidencialista, a Carta Magna aprobada en 1996 favorece a consolidación de dous centros de poder: un ao redor do executivo — simbolizado polo rañaceos stalinista do Consello de Ministros na rúa Hrushevskyi — e outro localizado na rúa Bankova, onde se encontra a Administración Presidencial.

25/04/2016
25/04/2016
IGADI

Unha análise de Briaxis Fernández Méndez

No día 6 de abril, 61% dos votantes holandeses recusaron a ratificación do Acordo de Asociación entre a Unión Europea e a Ucraína,[1] que xa fora aprobado polo Parlamento Europeo e os parlamentos da Ucraína e os 28 países da Unión (entre eles a propia Holanda). O capítulo económico —o máis amplo e complexo do texto— entrou en vigor en xaneiro, mais xa desde o ano anterior funcionaba un rexime provisorio de preferencias autónomas, en canto continuaban as negociacións a tres bandas con vistas a alcanzar para a Ucraína unha posición semellante á da Serbia, que ten acordos de libre comercio coa UE e a Rusia ao mesmo tempo.[2]

12/02/2015
12/02/2015
IGADI

Los enfrentamientos en Ucrania han creado importantes divisiones entre los socios de europeos de la OTAN. De un lado, Francia y Alemania se oponen a la entrega de ayuda militar al gobierno ucraniano y buscan propiciar un acuerdo entre las fuerzas en conflicto, con el presidente francés François Hollande y la canciller alemana Ángela Merkel viajando entre Moscú, Kiev y Minsk para mediar una propuesta que resulte aceptable a las partes. Del otro, Polonia, los países bálticos, y en general los que fueron parte de la antigua órbita soviética, solicitando dureza y que se arme al gobierno de Kiev. En este último sentido se inclina el secretario General de la OTAN. 

06/01/2015
06/01/2015
Tempos Novos

Xa falemos da economía, da seguridade ou da xeopolítica, a evolución da situación internacional en 2014 ofreceunos un balance desigual caracterizado tanto pola aceleración das reformas nos modelos tradicionais como polo rexurdir das tensións entre os principais protagonistas do acontecer global.

17/12/2014
31/12/2014
El Progreso

O panorama internacional ao longo de 2014 evolucionou sinalando tendencias que apuntan a cambios decisivos na orde mundial. O denominador común é a intensificación paralela tanto dos factores que inciden na desorde como aqueles outros que promoven transformacións estruturais nun contexto de acusadas resistencias. Un espello desa aceleración dos cambios foi o  anuncio da normalización das relacións entre Cuba e EEUU tras varias décadas de aplicación infrutuosa dun embargo amplamente condenado pola comunidade internacional.

09/12/2014
09/12/2014
IGADI

O ano 2014 é arestora un ano convulso no escenario internacional para os intereses occidentais. O conflito na Ucraína semella que está a tomar unha nova dirección após o cesamento de hostilidades entre as tropas de Kiev e os soldados pro-rrusos en setembro pasado. O alcance ruso tivo o seu punto culminante coa anexión de Crimea en marzo pasado, malia que dende diversos sectores da sociedade europea se tentara crear a falsa idea dun renovado expansionismo ruso baixo a figura de Vladimir Putin. 

14/10/2014
14/10/2014
IGADI

O 2014 é arestora un ano convulso no escenario internacional para os intereses occidentais. Exemplos existen para considerar esta perspectiva: a prolongada e sanguenta guerra civil siria; o conflito palestino, con especial incidencia na agresión israelí a Gaza; o xurdimento do Estado Islámico no corazón de Oriente Medio; e principalmente as tensións rexionais entre Ucraína e Rusia após o apoio explícito de Occidente o novo goberno ucraíno, que levaron á independencia e posterior anexión de Crimea a Rusia e ao espallamento dunha guerra civil no Leste ucraíno, entre as tropas leais a Kiev e as tropas prorrusas que provocaron. Neste escenario, foi particularmente tensa a conxuntura fraguada entre Occidente e Rusia tralo derrubamento do avión comercial MH17 da compañía Malasyan Airlines.

12/04/2014
14/04/2014
Praza

O proceso de militarización que estamos a vivir en numerosos conflitos e áreas do planeta, con escusas e manifestacións diversas, é a outra cara dos graves riscos de implosión que atravesa o sistema financeiro en Occidente, nomeadamente en Europa Occidental e EUA, en clara desvantaxe ante a prosperidade que amosa o Pacífico. Os esforzos orientados a afastar a Ucraína da órbita rusa están relacionados coa implementación do sistema de defensa estadounidense en Polonia, en Romanía e co Aegis que foi despregado en España, todos eles mostras da doutrina do golpe preventivo. Moscova deixou en claro a Washington que non aceptará este sistema que basicamente pretende anular a súa capacidade de resposta. Unha política semellante está en xestación no Pacífico, onde o rival a neutralizar é China. O secretario de Defensa de EUA, Chuck Hagel, de xira estes días pola zona, anunciou a presenza de dous navios máis equipados co sistema Aegis. A escusa son as provocacións norcoreanas (novos disparos de míseis condenados por Pequín), pero a razón última é outra.

08/03/2014
08/03/2014
Tempos Novos

O 22 de febreiro en Kiev produciuse a toma do poder pola oposición coa evidencia dun golpe de Estado e co apoio de algúns gobernos de Occidente. Os deputados da Rada ou Parlamento cesaron ao presidente Víktor Ianukóvich (elixido democraticamente en 2010) sen observar as normas previstas pola Constitución para destituír a un xefe de Estado. Posteriormente disolveron tamén o Tribunal Constitucional e introduciron importantes emendas na Carta Magna. Estes feitos sucedíanse pouco despois de asinaren un acordo ambas as dúas partes, goberno e oposición, con mediación occidental.

05/03/2014

En Radio Alma Bruxelles 101.9 FM: Entrevista con Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI, a propósito das crises de Venezuela e Ucraína. Hora: 12:30 pm.

02/03/2014
02/03/2014
Praza

Se Rusia plantou cara a EUA e a UE pola importante base de Tartus en Siria, mais o fará por Crimea, regalo envelenado de Nikita Jruschov a Ucraína cando se cría (1954) na irreversibilidade do socialismo e na fraternidade proletaria por riba das identidades nacionais. Putin pode agora estar disposto a chegar lonxe mesmo, se for preciso.

20/02/2014
20/02/2014
Praza Pública e Mundiario (Galicia)

Non deixa de constituír unha curiosa “coincidencia” que países tan distantes como Ucraína e Venezuela estean inmersos actualmente en agudas crises políticas, lastradas pola radicalización das accións violentas, fracturas políticas, tensións e presións internas e externas con incertos escenarios abertos. Ambos casos, se ben levemente periféricos dentro da dinámica da xeopolítica global pero con notable capacidade de incidencia de cara a confrontación de intereses dos grandes actores do sistema internacional (particularmente mais visible no caso ucraíno), abren unha diversidade de lecturas, aproximacións, perspectivas e expectativas, dalgún xeito definidos polo confrontación de diversos tipos de intereses, internos e externos, diametralmente enmarcados dentro da dinámica de contestación global motorizada pola crise económica e por diversos aspectos relativos á crise de lexitimidade política. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais