Distribuir contido

Turismo continental

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1907 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

12/02/2017
12/02/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
semana do 6 ao 12 de Febreiro de 2017

1. Informe

O venres 10 de febreiro, os presidentes chinés e estadounidense conversaron por teléfono, a primeira conversación entre ambos desde a toma de posesión o 20 de xaneiro en Washington. O portavoz presidencial, Alex Huang, asegurou que Taiwán mantén estreitos contactos e comunicación con EUA para asegurar “cero sorpresas”. 

11/09/2016
11/09/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 5 ao 11 de Setembro de 2016

1. Informe

Recentemente declarouse en quebra o primeiro operador turístico de Taiwan especializado en atender a grupos de turistas chineses, un feito que podería desencadear un efecto dominó no sector. En consecuencia, este mobilizouse para sacar á rúa a miles de traballadores co propósito de premer ao goberno que reaccionou en primeira instancia anunciando sete plans para estabilizar e revitalizar a industria e deu vía libre a un fondo de 952 millóns de dólares en préstamos para o sector. O anuncio, no entanto, non acougou os ánimos e o 12 de setembro espérase en Taipei unha nutrida manifestación. 

24/04/2016
24/04/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 18 ao 24 de abril de 2016

1. Informe
 

O caso dos taiwaneses detidos en Kenia por un caso de fraude telefónica e deportados a China continental parece encamiñado. Unha delegación de funcionarios taiwaneses visitou Beijing no marco das previsións do acordo para a loita conxunta contra o crime. O seu obxectivo principal, en palabras do vice ministro de Xustiza, Chen Ming-tang, é conseguir probas do caso e a posibilidade de que os detidos sexan xulgados en Taiwan, ademais de discutir as visitas humanitarias. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais