Distribuir contido

Trump

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1979 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

19/02/2018
19/02/2018

Las relaciones entre Estados Unidos y Latinoamérica se han desenvuelto dentro de ocho capítulos históricos bien definidos. La etapa de la “Doctrina Monroe” resulta central entre 1823 y 1845; el “Destino Manifiesto” ocupa los años comprendidos entre 1845 y 1898; la fase del “Imperio” prevalece entre 1898 y 1933; la “Buena Vecindad” se expresa entre 1933 y 1947; la “Guerra Fría” va de 1947 a 1989 y, entre 1989 y 2017, se impone el período de comercio, drogas y seguridad. A partir de esta última fecha se inicia con Donald Trump un nuevo capítulo de contornos aún imprecisos.

05/02/2018
05/02/2018

Los datos que confirman la polarización en la distribución de la riqueza en Estados Unidos hablan por sí solos.

28/12/2017
02/01/2018
ECO

Nun recente informe do SIPRI (Stockholm International Peace Research Institute) relativo á evolución do comercio de armas en 2016, recóllese que as vendas entre Estados eleváronse á astronómica suma de 374,8 mil millóns de dólares, o que equivale a un aumento do 38 por cento nos últimos catorce anos. Tras un lustro de estancamento, a alza experimentada en 2016 verase novamente confirmada en 2017, con total seguridade.

26/12/2017
01/01/2018
Tempos Novos

“Miren como nos hablan del paraíso,

cuando nos llueven penas como granizo.

Miren el entusiasmo por la sentencia

sabiendo que mataban a la inocencia.”

 

Violeta Parra: Fragmento de “Qué dirá el Santo Padre”

 

O estatus da cidade de Xerusalén é un dos temas máis sensibles e complexos que, por agrupar elementos políticos, identitarios e simbólicos, transcende desde o mero ámbito local cara ao espazo rexional e ata o transnacional e, en suma, mundial. 

12/12/2017
15/12/2017
Revista ZETA (Venezuela)

A recente decisión do presidente Donald Trump de recoñecer a Xerusalén como capital histórica do Estado de Israel, co traslado da embaixada estadounidense dende Tel Aviv, anuncia efectos tectónicos na delicada xeopolítica de Oriente Medio, cuxo obxectivo parece máis ben enfocado en tensar a corda co nacente eixe Rusia-Turquía-Irán, particularmente visible na etapa do post-conflito sirio.

14/08/2017
14/08/2017

Desde finales del siglo XIX Corea fue ocupada por Japón, permaneciendo como colonia de aquel hasta el final de la Segunda Guerra Mundial. En ese momento Estados Unidos y la Unión Soviética dividieron en dos al país, adscribiendo las mitades a sus respectivas esferas de influencia. Las conversaciones para la reunificación de ambas partes fracasaron y para 1948  dos regímenes ideológicamente contrapuestos se habían ya consolidado. La torpe exclusión pública de Corea del Sur como zona de interés estratégico de Estados Unidos, por parte del Secretario de Estado de ese país Dean Acheson, proyectó la impresión de que Washington no estaría dispuesta a defenderla en caso de invasión. Ello desencadenó la ofensiva del Norte y puso en marcha una sangrienta guerra que habría de prolongarse por tres años con participación activa de Estados Unidos.

11/08/2017
11/08/2017
Praza Pública

O intercambio de exabruptos entre o presidente Trump e o líder norcoreano Kim Jong-un pode pasar de longo de novo como unha nube de verán sen mais transcendencia pero cada escalada verbal bota gasolina sobre un conflito que en calquera momento podería desbordarse. Pese a que todos os actores na zona descartan para os seus adentros o enfrontamento militar como solución, a dinámica actual, abondosa en imprevisibilidades, eleva o risco de precipitación de escenarios incontrolables.

15/04/2017
16/04/2017
Público

A suspensión dos paquetes turísticos e os voos entre China e Corea do Norte evidencia a gravidade do momento que se vive na península coreana. EUA reiterou que pondera o uso de opcións militares en resposta aos programas nucleares de Pyongyang. As celebracións do 105 aniversario do nacemento do fundador do réxime juche, Kim Il-sung, poderían determinar novas medidas de corte belicista por parte do seu neto, Kim Jong-un, incluíndo unha hipotética sexta proba nuclear ou o lanzamento experimental de novos prototipos de mísiles. Pola súa banda, o recen chegado Trump pronto se fartou da “paciencia estratéxica” do seu antecesor e coa súa alocución de que “o problema de Corea do Norte será atendido”, non dubida en botar máis leña ao lume dunha situación que ameaza con desbordarse. A suma do carácter impredicible dun e outro mantén en albas a toda a rexión e o mundo.

10/04/2017
11/04/2017
Rebelión

Son múltiples, sen dúbida, os xeitos de interpretar o resultado do recente cume Trump-Xi. Non obstante, que, a continuación, o grupo de ataque do portaavións estadounidense Carl Vinson parta de Singapur con rumbo a augas próximas á península de Corea no medio dunha nova escala de tensión na zona, é un dato relevante. O despregue chegou tras cancelar unha visita anteriormente programada a un porto de Australia. O dato invita a pensar nun novo fortalecemento da presenza militar de Washington na rexión.

07/04/2017
07/04/2017
La Tercera (Chile)

Encontro Trump-Xi en Florida (EUA)

Os presidentes Donald Trump e Xi Jinping chegan a este cume en condicións desiguais pero para ambos é de capital importancia o ton resultante dela. Trump fixo de China un branco predilecto das súas críticas en diversos campos, desde a economía á seguridade, e non pode limitarse a colectar palabras ocas; no entanto, a relevancia da relación bilateral obrigaralle a practicar un pragmatismo esixente. Por outra banda, a súa  inexperiencia, a nebulosa que rodea a súa política para a rexión, a falta de equipo consolidado ou a desconfianza que xera nos seus aliados rexionais desatan temores entre os máis experimentados. Xi, pola contra, reaccionou á alarma inicial provocada pola conversación telefónica coa líder de Taiwán, Tsai Ing-wen, cunha calculada dobre comitiva, pública e privada, para tomarlle a medida ao novo inquilino da Casa Branca. A primeira vista parece levar vantaxe na relación. Para Xi a propia celebración do cume expresa un recoñecemento claro da necesidade de encarreirar e racionalizar as discrepancias. Unha crise grave cun socio deste calibre distraeríalle dos preparativos do XIX Congreso e ofrecería un argumento engadido aos críticos que lle acusan de sumar  sonoros fracasos na súa política exterior.

07/04/2017
07/04/2017
IGADI

A súbita e inesperada decisión unilateral de Donald Trump de intervir no conflito sirio mediante o bombardeo dunha base militar do réxime de Bashar al Asad na localidade siria de Homs, presentada oficialmente como resposta ao ataque químico desta semana en Idlib, implica observar con maior precisión en qué medida a presión política que os “falcóns” do Pentágono e do Partido Republicano están exercendo sobre a súa presidencia está modificando substancialmente as hipotéticas prioridades estratéxicas que Trump tiña previsto a súa chegada á Casa Branca.

07/04/2017
07/04/2017
Público

Servirá o cume de Florida para tranquilizar as relacións sino-estadounidenses? No primeiro cara a cara entre os presidentes Trump e Xi Jinping non se esperan grandes anuncios aínda que si un cambio de atmosfera. 

02/04/2017
03/04/2017
IGADI

Durante la presidencia de George W. Bush las relaciones entre Estados Unidos y América Latina sufrieron un importante distanciamiento. Tres razones fueron responsables de ello. La primera fue resultante del malestar generalizado ante la arrogante presión de Washington por encuadrar a toda la región en su lucha post 11 de septiembre. Ello incluyo la invasión a Irak que no tuvo relación con lo anterior, así como también la exigencia de que la región apoyase la exención de jurisdicción de la Corte Penal Internacional sobre tropas estadounidenses. Sólo Colombia, República Dominicana y algunas naciones de América Central aceptaron plegarse a los dictados de Washington.

28/03/2017
28/03/2017
IGADI

Unha análise de Alexandre Rey Parrado, estudante en prácticas da USC

As relacións da rexión centroamericana cos Estados Unidos de América gozan dunha longa tradición, aínda que case sempre predeterminadas polas directrices norteamericanas. Se ben tradicionalmente esta inxerencia estivo supeditada a intereses xeopolíticos, estratéxicos e comerciais, dende fai algún tempo cobrou especial relevancia o factor migratorio.

26/03/2017
26/03/2017
El País

As medidas e plans da nova presidencia estadounidense que apuntan ao proteccionismo no comercial e a un incerto repregue no estratéxico suxiren a hipótese dun declive pronunciado do liderado global de Washington. E postos a iso, non falta quen suxira á segunda potencia económica do mundo que asome como unha posible substitución. Nun adianto quizá de prognóstico, o presidente chinés Xi Jinping non dubidou en presentarse en Davos, no maior conclave da elite capitalista pro-globalización, como campión do liberalismo comercial. Pero, é verosímil a curto prazo esta posibilidade?

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais