Distribuir contido

Tripolaridade

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1940 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

18/12/2013
31/12/2013
El Progreso

Prognósticos para 2014

A afirmación das principais tendencias e exploracións na evolución das relacións internacionais en 2013 ofrece un primeiro balance xeopolítico que debe acentuarse  ao longo de 2014. Será este un ano de grandes definicións. Nese sentido, a maior expectativa cabe referila a Rusia, quen deberá acreditar a non transitoriedade dos “méritos” evidenciados na xestión de diversas crises recentes (Siria, Irán, Snowden) para determinar se, como afirma Putin, ten non só vocación senón tamén condicións para se afirmar como o terceiro gran piar da orde mundial que debe seguir á fin da posguerrafría. Os dous grandes escenarios principais dese hipotético rexurdir ruso apuntan a Asia central e a Europa non comunitaria, moi especialmente Ucraína, partida en dous nas súas preferencias xeopolíticas, e onde deberá competir en influencia cos países occidentais pero tamén con China, moi presente en Asia Central e cun desembarco significativo no conxunto dos PECO (Países de Europa Central e Oriental). Outra medida do seu novo estatus tralas dúas décadas de prostración a seguir da liquidación da URSS, virá determinada pola capacidade para xestionar os novos espazos de oportunidade que vai deixando unha diplomacia estadounidense que vira a marchas forzadas cara Asia, moi especialmente en Oriente Medio.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais