Distribuir contido

Traspaso de poderes

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1835 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

28/02/2016
28/02/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 22 ao 28 de febreiro de 2016

1. Informe

O luns 22 comezou oficialmente a carreira pola presidencia do KMT. Catro candidatos inscribíronse e entre todos eles, Hung Hsiu-chu, cuxa candidatura presidencial foi anulada polo partido o ano pasado, emerxe de novo como favorita. 

22/02/2016
22/02/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 8 ao 21 de febreiro de 2016

1.      Informe 

A celebración da Festa da Primavera en Taiwan encheuse de loito polo terremoto do 6 de febreiro, a un día da cea de véspera do Ano Novo. Dunha magnitude de 6,7 na escala de Richter, causou máis dun cento de mortos. Numerosos edificios da cidade de Tainan quedaron inclinados como consecuencia do sismo. Máis de 10 quedaron destruídos e outros 550 sufriron danos de consideración. A fiscalía investiga si houbo irregularidades na construción do enorme complexo de vivendas Weiguan que quedou completamente derrubado. Inicialmente atopáronse anomalías no número de perfís de aceiro de reforzo nas vigas de contención que, en contraste co deseñado orixinalmente, utilizáronse só a metade deles. As irregularidades alcanzan ao arquitecto asinante, quen presumiblemente “prestou”  a súa licenza a outro arquitecto.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais