Distribuir contido

Tensións estratéxicas

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1832 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

24/11/2016
22/11/2016
El Temps

Non hai mal que por ben non veña? Convencidos de que Hillary Clinton sería moito máis belixerante coa súa emerxencia, en China espérase máis que menos da presidencia de Trump. Pero, haberá ou non graves turbulencias nas relacións China-EUA? Pode haber contratempos, sen dúbida, aínda que o tempo que se abre agora podería non ser tan convulso como algúns suxeriron. A reacción das bolsas de Shanghai e Shenzhen foi de leves caídas, aínda que cabe recoñecer que os mercados chineses permanecen bastante alleos ás tensións globais. O presidente chinés Xi Jinping falou telefonicamente co presidente electo a quen transmitiu a vontade de eludir o conflito e a confrontación para primar as dinámicas de cooperación e respecto mutuo. Pola súa banda, o Global Times, do grupo do Diario do Pobo, advertía polo si ou polo non das graves consecuencias dunha guerra comercial, destacando as interdependencias mutuas e os danos en caso de contenda, que nunca serían menores para EUA.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais