Distribuir contido

San Petersburgo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1940 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

05/04/2017
05/04/2017
Praza Pública

Todo tipo de suspicacias móvense en torno ao escuro atentado terrorista acaecido o pasado 3 de abril en San Petersburgo, con saldo preliminar de once mortos e decenas de feridos. Sen reivindicación algunha ata o momento, este atentado ocorre nun contexto de complexidades para o presidente ruso Vladimir Putin. As sospeitas preliminares obviamente enfocan sobre a presunta autoría do Estado Islámico, particularmente motivadas pola intervención rusa en Siria desde 2015, e da posible proliferación de redes xihadistas espalladas dende o Cáucaso ruso ata Asia Central, tomando en conta a procedencia kirguiza do presunto autor. Non obstante, o escenario aborda igualmente todo tipo de matices que complican unha diagnose mais certeira sobre as causas deste atentado e as implicacións xeopolíticas que o mesmo pode ter, principalmente para Rusia.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais