Distribuir contido

Rusia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2027 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

05/06/2018
05/06/2018
Revista ZETA (Venezuela)

A súbita visita do ministro ruso de Exteriores Serguéi Lavrov ao líder norcoreano Kim Jong un,  que provocou un inmediato malestar en Washington, confirma os intereses de Moscova,  sen esquecer por suposto a China, dentro do xadrez estratéxico  establecido na península coreana, en plena efervescencia mundial ante o cumio entre Kim e Donald Trump previsto para a próxima semana.

14/05/2018
14/05/2018

Vladimir Putin se ha transformado en un referente fundamental para los populistas de Estados Unidos y de Europa. Específicamente, para los de extrema derecha. Ello se expresa a tres niveles. Primero, a través de las ciber campañas de desinformación que el Kremlin ha desarrollado a favor de aquellos. Segundo, por vía de la visualización de Putin como un modelo a seguir. Tercero, por la percepción de Rusia como un aliado natural.

09/05/2018
11/05/2018
Revista ZETA (Venezuela)

A entronización de Vladímir Putin para o seu cuarto período presidencial ata 2024 deixou entrever algunhas chaves que poden definir as súas prioridades para este o seu eventual último período no poder. Ao prometer concentrarse máis na política interna co obxectivo de “modernizar Rusia”, Putin podería degradar levemente a súa atención nun escenario internacional onde parece ter moi ben definidas as súas cartas. O aggiornamiento xeopolítico con China é a chave principal, toda vez quedan no aire como serán as súas deterioradas relacións con EUA e, noutras latitudes, que pasará con Venezuela. En perspectiva, este último período presidencial de Putin abrirá as portas da súa sucesión no poder.

20/04/2018
02/05/2018
Tempos Novos

En realidade, nunca se foi de todo. Mesmo despois da disolución da antiga Unión Soviética, a salvo da nosa visión eurocéntrica do mundo, en América Latina (Cuba e máis) ou en Asia (Corea do Norte pero tamén Taiwán) puideron se apreciar tensións herdadas daquel binomio que condicionou boa parte da evolución das relacións internacionais do século XX. E aí seguen á espera de solución coas mesmas hipotecas.

30/11/2017
30/11/2017
Esglobal (España)

O cumio sobre o futuro de Siria realizado na localidade rusa de Sochi o pasado 22 de novembro debe ser observado con atención polo presidente venezolano Nicolás Maduro. Nelas están establecidas diversas variables colaterais que, en chave xeopolítica e enerxética, reforzan a cada vez mais estreita relación (con visos de dependencia económica) de Maduro co seu aliado ruso Vladimir Putin.

30/11/2017
30/11/2017
IGADI

Compre observar os contrastes establecidos entre Occidente e Rusia co respecto ao centenario dos procesos revolucionarios acontecidos en 1917. Mentres a prolífica produción bibliográfica sobre este acontecemento fervía nas principais cidades europeas, así como numerosas actividades de recoñecemento sobre este aniversario, o mesmo transitaba nun marco de certa opacidade oficial precisamente no país onde aconteceron estes sucesos transcendentais para a historia mundial. 

09/09/2017
09/09/2017
ECO

Xiamen, na China, acolleu o cumio da primeira década dos BRICS, un foro que pretende ser o xermolo dun Sur Global con capacidade para tratar de igual a igual co Norte Global que hoxe domina as principais institucións internacionais. O encontro tratou de transmitir a mensaxe de plena vixencia daquel compromiso que lle dera vida, a modificación da orde mundial para outorgar maior voz e peso aos países menos desenvolvidos tanto en termos de representación como de poder de decisión.

05/04/2017
05/04/2017
Praza Pública

Todo tipo de suspicacias móvense en torno ao escuro atentado terrorista acaecido o pasado 3 de abril en San Petersburgo, con saldo preliminar de once mortos e decenas de feridos. Sen reivindicación algunha ata o momento, este atentado ocorre nun contexto de complexidades para o presidente ruso Vladimir Putin. As sospeitas preliminares obviamente enfocan sobre a presunta autoría do Estado Islámico, particularmente motivadas pola intervención rusa en Siria desde 2015, e da posible proliferación de redes xihadistas espalladas dende o Cáucaso ruso ata Asia Central, tomando en conta a procedencia kirguiza do presunto autor. Non obstante, o escenario aborda igualmente todo tipo de matices que complican unha diagnose mais certeira sobre as causas deste atentado e as implicacións xeopolíticas que o mesmo pode ter, principalmente para Rusia.

20/03/2017
20/03/2017
IGADI

China e India oscilan entre factores de consonancia y disonancia. Entre los primeros encontramos una historia que desde el pasado distante ha sido productiva. Ello ha incluido elementos tan importantes como la difusión del budismo en China a partir de la India. Más aún la similitud de sus procesos históricos no encuentra parangón.  Durante 1.800 de los últimos 2.000 años sus economías resultaron las mayores del planeta. Para 1750 su producción manufacturera combinada representaba todavía el 57,3% de la mundial.

20/02/2017
20/02/2017
IGADI

Unha análise de José Corrochano Ponte, alumno en prácticas da USC.

Nos últimos anos, os países de Asia Central están a espertar un notable interese por parte das dúas principais potencias rexionais, China e Rusia, as cales teñen en mente importantes estratexias de cara ao futuro para facilitar o avance dos seus intereses políticos e económicos. Neste sentido, os seus diversos plans comezan a cobrar forma, aínda que cada un ten o seu propio ritmo de desenvolvemento debido ás súas propias características

23/12/2016
23/12/2016
Palavra Comum

Dicía Yuri Andropov (1914-1984), o principal valedor de Mijaíl Gorbachov (1931) nas mais altas instancias do PCUS nos anos oitenta, que os dirixentes soviéticos coñecían mal a sociedade na que vivían. Dicíao el e debía saber do que falaba pois estaba á fronte do KGB desde 1967. Aínda así, daquela ninguén se imaxinaba que a problemática situación xeral procedería definila como unha crise do sistema. O 25 de xaneiro de 1991, a dimisión de Gorbachov oficializou a liquidación plena da URSS.

23/12/2016
31/12/2016
El Progreso

Cánto mudará o mundo en 2017? As miradas céntranse no comezo da presidencia de Donald Trump en EUA e nos seus impactos globais. Xa nos refiramos aos escenarios económicos ou estratéxicos, as declaracións do presidente electo estadounidense suxiren mudanzas nalgúns eidos e un claro afán de rachar co continuísmo en áreas relevantes. Será iso posible? EUA segue a ser o país máis poderoso do mundo pero o nivel de interdependencia con outras economías importantes imporá negociacións e concesións.

24/11/2016
24/11/2016
IGADI

José Corrochano (Facultade de Ciencias Políticas, USC), estudante en prácticas no IGADI.

Co epicentro na guerra de independencia chechena (1992-1995) acaecida trala desintegración da URSS, a insurxencia armada rexistrada nas derradeiras dúas décadas no Cáucaso Norte ten acadado múltiples características, principalmente motivadas polas tensións soberanistas e independentistas, a inestabilidade política e unha difícil e complexa situación socioeconómica. O clima de caos e violencia presente na rexión e a presión soberanista por parte de Moscova veuse igualmente completada pola implicación de diversas células e redes provenientes do integrismo xihadista islamita, principalmente nas repúblicas de Chechenia, Daguestán, Osetia do Norte e Kabardino Balkaria existentes dentro da Federación rusa.

08/11/2016
08/11/2016
IGADI

Unha análise de José Corrochano Ponte (alumno en prácticas da USC)

Enclavado dentro do estratéxico espazo euroasiático ex soviético, o Cáucaso Sur dirime un pulso de intereses xeopolíticos e de carácter enerxético do que non escapan seculares conflitos internos de carácter político, etno-lingüístico e incluso cultural-relixioso. Aparecen así conflitos sen resolver en entidades estatais de feito (Nagorno Karabaj, Osetia do Sur, Abxasia), expresións de irredentismo secesionista e de presenza xihadista no Cáucaso Norte ruso (Chechenia, Daguestán, Ingushetia, Osetia do Norte), penetración de intereses occidentais (“revolucións de cores” en Xeorxia, ampliación da OTAN, OSCE e UE), un breve pero intenso conflito rexional (guerra entre Rusia e Xeorxia en 2008) e incluso as implicacións indirectas do conflito ucraíno, en particular o retorno de Crimea á soberanía rusa (2014). Deste xeito, o Cáucaso Sur amosa un marcado pulso de intereses entre diversos actores rexionais (Rusia, Turquía, Irán) e outros externos (UE, EUA, OTAN, Israel, China), comprometidos na tramitación de esferas de influencia e de control das rutas de distribución dos recursos enerxéticos do Mar Caspio, escenario que abre unha nova etapa dentro das estratexias xeopolíticas rexionais.

27/10/2016
27/10/2016
IGADI

Dicía o xornalista e escritor checo Ferdinand Peroutka que no mundo actual as nacións pequenas teñen quedado rebaixadas ó rango de simples posicións estratéxicas no combate entre os titáns. Peroutka finou en 1978, mais a súa afirmación pode que siga sendo válida nos nosos tempos.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais