Distribuir contido

Relacións a través do Estreito

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1915 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

25/06/2016
26/06/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 20 ao 26 de Xuño de 2016

1. Informe

Tsai Ing-wen iniciou o seu periplo americano (Panamá e Paraguai). O obxectivo, segundo as súas propias palabras, axudar a elevar máis aínda a visibilidade de Taiwan na area internacional malia atoparse nunha situación diplomática moi difícil. No Yuan Lexislativo, Huang Kuo-shu, deputado do PDP, recordou que Panamá recibiu grandes investimentos de China continental nos últimos anos, insinuando que a presidenta Tsai podería ser o último xefe de Estado da República de China en visitar devandito país. David Lee, ministro de Asuntos Exteriores, quitou ferro a estas informacións asegurando que, pese á crecente intensidade daqueles vínculos económicos, a relación diplomática é de longa data e non se escatimarán esforzos para preservala. Recórdese que recentemente, Yang Kuo-chiang, presidente do Consello de Seguridade Nacional, sinalou que máis do 80 por cento dos aliados poderían xerar problemas nos próximos meses…

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais