Distribuir contido

Refuxiados

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1832 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

24/09/2016
01/10/2016
ECO

Como é costume, o cumio de Nacións Unidas sobre refuxiados e migrantes celebrado en setembro último en Nova York rematou cunha declaración; e, como tamén é habitual, o seu ton, xeneroso co respecto formal dos dereitos humanos de todas as persoas, compleméntase coa restrición do seu carácter non vinculante. Resultan así meras declaracións de intencións que representan unha moi feble resposta ante a importancia deste problema na axenda global. As expectativas de que o cumio signifique un punto e aparte son pouco alentadoras. Só no Mediterráneo, 2015 rematou con máis de 3.700 mortos e no que vai de 2016 xa case se alcanzou esa cifra. Europa, afectada directamente polo problema ata o punto de suxerir unha perigosa inestabilidade, leva a dianteira nesa incapacidade.

16/02/2016
16/02/2016
Praza Pública (Galicia)

Sen prover un marco definido para a solución do interminable conflito sirio así como do desastre humanitario motivado pola crise de refuxiados, a recente Conferencia de Seguridade de Múnic evidenciou en qué medida as grandes potencias antepoñen sen ambigüidades os seus intereses xeopolíticos na confección do “novo Oriente Próximo”, por riba das necesidades de poboacións azoutadas polos estragos da guerra. Intereses principalmente motorizados por EUA e Rusia a través dos seus respectivos aliados (Arabia Saudita, Turquía, Irán), persuadidos da necesidade de asegurar os seus imperativos estratéxicos nunha cada vez mais visible desintegración de feito de Siria.

28/12/2015
02/01/2016
Tempos Novos

Inseguridade, ben podería ser a palabra do ano que remata. Non só por mor do deterioro global da seguranza, que é un feito, senón polo incremento das incertezas que acompaña o aumento da temperatura do planeta, o profundamento dun modelo in-social que fai da precariedade un dos valores supremos da competitividade, as flutuacións dunha economía de mercado en plena fuga cara adiante a través da multiplicacións de TLCs e plataformas de integración que desprezan a soberanía e o ben común, a percepción dunha urxente demanda de rexeneración democrática sen follas de ruta establecidas pero con sólidos fundamentos cívicos ou os impactos desestabilizadores de axendas e institucións que criamos ata agora fóra de todo perigo de naufraxio. Velaí que a suma de todo achéganos un mundo cada vez mais irrespirable nun sentido amplo, en insistente coqueteo co colapso e urxido de alternativas pensadas para o benestar das maiorías. Todo iso, un cuarto de século despois daquel inicio da posguerra fría (1991), longa transición a que deu paso a liquidación da URSS e na que aínda seguimos instalados.

26/12/2015
31/12/2015
El Progreso

A situación internacional en 2015 estivo condicionada por tres grandes eixes transversais. Dunha banda, a intensificación das acción terroristas; doutra, a loita contra o cambio climático; por último, o agravamento da problemática dos refuxiados. Respecto ao primeiro, a reiteración de atentados nos cinco continentes co selo común da confrontación coas políticas occidentais puxo en vilo, sobre todo, ao mundo desenvolvido. As accións do Daesh, simbolizadas no atentado suicida de París e nos asasinatos dos reféns secuestrados, amosaron vulnerabilidades e impotencias nunha guerra asimétrica que aventúrase longa e complexa, ameazando con laminar as propias liberdades e dereitos individuais que están no cerne da identidade europea. Mais alá de Europa, en África consolídase especialmente como un fenómeno en auxe que prolifera ante a ausencia de cooperación eficaz entre os Estados, a deficiente preparación dos diferentes servizos involucrados na súa represión e a persistencia combinada de pobrezas e conflitos que nutren os seus principais bastións.

05/10/2015
05/10/2015
Sermos Galiza

Unha opinión de Teresa Barro

En moi pouco tempo caeron varios piares da Unión Europea.  O que sucedeu na Grecia sacudiu os alicerces da Unión.  Demostrou que unha economía que non funcionaba antes de que o país entrase na Unión Europea, funcionou peor aínda despois de que entrou nela, porque os demais países se aproveitaron para enchelo de dívidas ofrecéndolle crédito cando non debían.  E demostrou que se aceitaba o que nin sequera estaba previsto que sucedese e para o que non había tratados, que era que un país quixera ou tivera que saír da Unión.

09/09/2015
01/10/2015
ECO

A afluencia de refuxiados a Europa, moitos deles procedentes de países en conflito como Siria, Libia, Iraq ou Afganistán, todos eles, en maior ou menor medida, brancos da intervención occidental nos últimos anos, deixou en evidencia a pouca vontade política existente para artellar unha resposta continental e internacional coordinada.

07/09/2015
07/09/2015
Tempos Novos (Galicia), Outubro de 2015

A masiva chegada de refuxiados a Europa proveniente das guerras de Siria e Libia está provocando o mais agudo drama humanitario desde a II Guerra Mundial. Países como Grecia, Macedonia, Serbia e Italia víronse desbordados pola masiva chegada de aproximadamente 25.000 persoas que non só foxen das penurias económicas senón de conflitos bélicos próximos ás costas europeas, e das que Europa ten igualmente un elevado nivel de responsabilidade. Neste contexto, a crise dos refuxiados  pon a proba os cimentos nos que se basea unha Unión Europea fortemente criticada pola súa indiferente actitude e responsabilidade á hora de aplicar as súas obrigas en materia de asilo e dereitos humanos. 

26/08/2015
26/08/2015
Praza Pública

Milleiros de persoas procedentes de países en conflito (Siria, Iraq, Afganistán, Libia, etc.) amoréanse nalgunha das paradisíacas illas gregas buscando unha ruta que lles permita culminar a súa longa camiñada de miles de quilómetros. Segundo ACNUR, ata 3.000 persoas chegarán diariamente nos próximos días. Só en Serbia, a axencia de refuxiados da ONU trata de responder ás necesidades de máis de 10.000 refuxiados. Acollidos unhas veces con precariedade e outras con belixerancia, a indignidade e os garrotes policiais danse a man no recibimento europeo antes de embarcar  desesperadamente nuns trens que evocan, inevitablemente, infaustas lembranzas.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais