Distribuir contido

Referendo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1940 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

04/10/2016
04/10/2016
IGADI

A vitoria do Non (50,3%) no referendo sobre os Acordos de Paz celebrados o pasado 2 de outubro en Colombia poden marcar un punto de inflexión nunha sociedade polarizada polo súbito final de 52 anos de conflito armado, pero aparentemente pouco convencida sobre o consenso necesario para pasar páxina da guerra e tentar afrontar a etapa post-conflito. Pero máis que os índices rexistrados polo Non, o mais salientable foi a elevada abstención (62%), un síntoma de preocupante apatía e silenciosa distancia de cara á que debería ser a consulta mais importante na historia contemporánea de Colombia.

04/10/2016
03/10/2016
Praza Pública (Galicia)

Entrevista a Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI. Praza Pública (Galicia)

O referendo cidadán que debía validar os acordos acadados polo goberno colombiano e a guerrilla das FARC, consolidando definitivamente o proceso de paz, fracasou este domingo, ao impoñerse o non por unha marxe moi estreita (50.21% fronte ao 49,78%), uns 53 mil votos. Na consulta só participou o 37,43% da poboación, unha apatía que determinou o triunfo dos contrarios ao acordo. O non impúxose nas zonas urbanas (sobre todo Medellín), mentres que as zonas rurais -as que máis sufriron a violencia- optaron claramente polo si. Falamos con Roberto Mansilla, analista do IGADI especializado na actualidade de América Latina, sobre as razóns do fracaso do referendo e as súas consecuencias inmediatas, tanto para o proceso de paz coma para o futuro do presidente Juan Manuel Santos.

25/04/2016
25/04/2016
IGADI

Unha análise de Briaxis Fernández Méndez

No día 6 de abril, 61% dos votantes holandeses recusaron a ratificación do Acordo de Asociación entre a Unión Europea e a Ucraína,[1] que xa fora aprobado polo Parlamento Europeo e os parlamentos da Ucraína e os 28 países da Unión (entre eles a propia Holanda). O capítulo económico —o máis amplo e complexo do texto— entrou en vigor en xaneiro, mais xa desde o ano anterior funcionaba un rexime provisorio de preferencias autónomas, en canto continuaban as negociacións a tres bandas con vistas a alcanzar para a Ucraína unha posición semellante á da Serbia, que ten acordos de libre comercio coa UE e a Rusia ao mesmo tempo.[2]

24/02/2016
24/02/2016
Mundiario (Galicia-España)

A primeira derrota electoral de Evo Morales na súa prolífica década na presidencia, aspecto que lle imposibilita para postularse como candidato para outra reelección en 2019, implica observar tendencias en curso en América Latina, entre as que destaca a progresiva consolidación dunha cultura cívica e política tendente a fomentar un equilibrio de poderes públicos que contemporicen o fortalecemento de hexemonías políticas aparentemente inalterables, e cuxas repercusións se transmiten na súbita alteración do péndulo político existente no actual ciclo electoral hemisférico. Así, esta derrota electoral de Evo e do seu partido, Movemento ao Socialismo (MAS), implica observar con moderación as consecuencias políticas do mesmo, inéditas por abrir a veda dun proceso de sucesión presidencial que moi probablemente dominará a axenda política boliviana no que resta da actual lexislatura. 

06/07/2015
06/07/2015
La Voz de Galicia


Os poderes financeiros europeos, que só se senten a gusto fóra da democracia, puxeron os seus berros máis alá dos ceos pola consulta de onte de Tsipras ao pobo grego. Porque a medida, á marxe mesmo da vitoria do non, pon en cuestión as esixencias da troika, e os dogmas, como cuestión que son de fe, non se poden discutir.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais