Distribuir contido

Rebelións

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1905 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

20/02/2014
20/02/2014
Praza Pública e Mundiario (Galicia)

Non deixa de constituír unha curiosa “coincidencia” que países tan distantes como Ucraína e Venezuela estean inmersos actualmente en agudas crises políticas, lastradas pola radicalización das accións violentas, fracturas políticas, tensións e presións internas e externas con incertos escenarios abertos. Ambos casos, se ben levemente periféricos dentro da dinámica da xeopolítica global pero con notable capacidade de incidencia de cara a confrontación de intereses dos grandes actores do sistema internacional (particularmente mais visible no caso ucraíno), abren unha diversidade de lecturas, aproximacións, perspectivas e expectativas, dalgún xeito definidos polo confrontación de diversos tipos de intereses, internos e externos, diametralmente enmarcados dentro da dinámica de contestación global motorizada pola crise económica e por diversos aspectos relativos á crise de lexitimidade política. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais