Distribuir contido

PTC

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2073 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

29/03/2018
29/03/2018
Praza

O cume Xi-Kim en Beijing foi unha xogada mestra da diplomacia chinesa. Aínda que tamén un gran triunfo para Kim Jong-un, que obrigou ao “temoneiro extraordinario” a cambiar de rumbo de modo abrupto. Días atrás, o 20 de marzo, o Global Times xa nos recordaba a importancia da alianza Beijing-Pyongyang e salientaba no seu editorial o difícil e perigoso que sería para Corea do Norte lidar soa con Seúl, Washington e Tokio. Unha semana máis tarde, Kim iniciaba a súa visita a China, a súa primeira saída ao exterior desde 2011, cando asumiu funcións, indicando a todos que a súa relación con Beijing é un valor seguro ante a hipótese dun novo fracaso das negociacións. Atrás quedaban outros improperios nos que o propio Presidente chinés cualificaba as “provocacións militares” de Kim Jong-un como unha “ameaza para a seguridade de China”. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais