Distribuir contido

Protestas

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1924 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/06/2014

Na Radio Galega: "As protestas sociais en Brasil ante a inauguración do Mundial 2014", entrevista con Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI. Hora: 13:25 pm.

21/06/2013
24/06/2013
Magazine Español (Venezuela)

As inéditas protestas e mobilizacións sociais que actualmente sacoden a dúas “potencias emerxentes” como Brasil e Turquía permiten inferir ata que punto a crise económica está dando paso a unha inesperada era da protesta “popular”. Ambos casos, determinados por   causas aparentemente insignificantes como un proxecto urbanístico en Istambul ou un evento futbolístico en Brasil, identifican puntos de inflexión de heteroxéneas rebelións sociais con efectiva capacidade de proliferación noutros contextos a nivel mundial.

Os casos turco e brasileiro poden ser emblemáticos neste sentido. Semanas de disturbios con epicentro na praza turca de Taksim, mobilizados pola construción dun centro comercial nun céntrico parque de Istambul tiveron a súa reprodución en varios días de protestas en Brasil contra o elevado custe público da celebración da Copa FIFA de Confederacións.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais