Distribuir contido

PNP

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1896 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

07/01/2017
08/01/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 2 ao 8 de Xaneiro

1. Informe

Unha enquisa recente levada a cabo pola Trend Survey and Research Co. e dada a coñecer o martes 3 mostrou un repunte da popularidade do KMT, subindo ao 29,9 por cento nos dous últimos meses, mentres que o gobernante PDP baixaba ao 26,3 por cento. As cifras representan unha subida de 6,9 puntos no apoio ao KMT e un descenso de 0,5 puntos respecto ao PDP. Por outra banda, a taxa de popularidade do PNP (Partido do Novo Poder) foi do 10,1 por cento mentres o PPP (Partido o Pobo Primeiro) manifesta unha taxa de apoio do 3,1 por cento. 

11/06/2016
12/06/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 6 ao 12 de Xuño de 2016

1. Informe

Nos primeiros pasos do novo goberno non faltaron o desconcerto e a confusión. Nunha comparecencia lexislativa, o ministro de Economía Le Shih-guang advertiu do posible reinicio da planta nuclear Nº.1 en caso de condicións climáticas extremas. Mentres, desde a Oficina Presidencial salientábase o compromiso cunha illa libre da enerxía nuclear (obxectivo marcado para 2025). O primeiro ministro Lin Chuan, en diálogo cos grupos ecoloxistas, asegurou que para esa data non haberá enerxía nuclear en Taiwan e que o funcionamento das centrais 1 e 2 non se prorrogará. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais