Distribuir contido

Pepe Castedo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1907 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

11/04/2017
01/05/2017
ECO

A pouco que se coñece, a historia do ferrolán Pepe Castedo Carracedo non deixa de sorprender. Que me conste, Pepe foi o primeiro galego que exerceu como “experto” na República Popular China. A condición de “experto”, unha modalidade importada da Unión Soviética, implicou sempre en China un status especial, tanto polo recoñecemento académico como tamén retributivo e social. Nos anos que pasou en China, por exemplo, o salario de Pepe era máis de dez veces o dun chinés normal e case se equiparaba co do Presidente Mao. Durante os anos da Revolución Cultural (1966-1976), Pepe cedería ata o 50 por cento desa retribución para axudar aos seus colegas chineses.

16/06/2013
17/06/2013
Praza

Perdeu a guerra civil, na que exercera de lugartenente do “Capitán Félix”. Foi preso e logrou escapar do cárcere. Atravesando os Pirineos, chegou a París. Na capital gala logrou ser inscrito como refuxiado político, presentándose co aval de Julio Just, deputado valenciano de Izquierda Republicana. Tras anos de privacións no exilio na Europa democrática, en 1964 chegou a Pequín para ensinar español ás novas xeracións de chineses nacidos na revolución maoísta, participando na formación de numerosos intérpretes e tradutores, diplomáticos e xornalistas.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais