Distribuir contido

PCCh. Reforma

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1857 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

19/05/2016
19/05/2016
Diario El Correo (Bilbao)

Ma Ying-jeou, do nacionalista Kuomintang, exerceu a presidencia de Taiwan durante oito anos. O dobre mandato que agora chega ao seu fin conclúe cuns índices de aprobación moi baixos e esa antipatía reflectiuse na bancarrota do seu partido nos últimos comicios. Por primeira vez na historia da illa, unha muller e soberanista, Tsai Ing-wen, á fronte do Minjindang, contará cunha maioría folgada no Parlamento. O KMT, derrotado e dividido, atravesa unha das maiores crises da súa historia recente. 

19/05/2016
19/05/2016
Público

Taiwan inicia un novo tempo político que en China continental obsérvase con preocupación. A contundente vitoria do soberanismo, representado polo Minjindang ou Partido Democrático Progresista (PDP), nas eleccións lexislativas e presidenciais do pasado 16 de xaneiro se complementa cunha severa bancarrota do principal aliado do Partido Comunista (PCCh) na illa, paradoxalamente, o nacionalista Kuomintang (KMT), o seu vello inimigo.

18/11/2013
15/11/2013
Sermos Galiza

Como en tantas ocasións no pasado, quizais agora, tralo terceiro plenario do CC do PCCh, cabería preguntarse, unha vez máis, cara onde vai a China ou, máis ben, se a China sabe cara onde vai. A resolución que puxo termo a unha reunión que a propia iniciativa activou o interese público polo hipotético novo rumbo do país saldouse con algunhas certezas e non poucas incógnitas. Para variar. Sorprenden, a primeira vista, dúas cousas. Primeira, a combinación dun enunciado relativamente orientador pero vago. Segundo, a creación dun grupo especial para concibir e organizar os pasos a seguir, en detrimento dos órganos ordinarios do Partido.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais