Distribuir contido

´PCCh

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1924 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

27/10/2016
27/10/2016
Política Exterior

O Comité Central do Partido Comunista de China (PCCh) atópase reunido en Beijing co futuro da formación na axenda. Dous son os debates principais a destacar. Dunha banda, a definición de mecanismos institucionalizados para loitar de forma máis efectiva contra a corrupción de forma que prime a prevención sobre a represión e non como agora. En segundo lugar, o papel do PCCh no trazado do top level design que inspira a modernización da gobernanza do país e do seu sistema político. En suma, trátase de propiciar un salto cualitativo nas dinámicas organizativas que resulte nunha posta a punto do PCCh para encarar unha das etapas máis decisivas da reforma reforzando a disciplina, pechando filas e proscribindo, entre outros, as “discusións indebidas”. Por riba, a repartidirización do conxunto do sistema de forma que se reforce o papel do Partido sobre todos os segmentos do aparello estatal, os medios, o exército e as organizacións sociais pecha este círculo.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais