Distribuir contido

PCCh

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1951 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

27/10/2017
25/10/2017
Sermos Galiza

O XIX Congreso que o Partido Comunista de China (PCCh) celebrou en Beijing do 18 ao 24 de outubro tivo o seu broche final coa presentación o 25 do novo Comité Permanente do Buró Político, o máximo órgano de dirección do Partido e do País. 

09/09/2017
09/09/2017
Tempos Novos

O XIX Congreso que o Partido Comunista da China (PCCh) vai celebrar este outono é un dos mais importantes da súa historia recente. En primeiro lugar, porque discorre nunha etapa crucial do proceso de modernización que vive o país; tamén porque acelera a conta atrás para o primeiro centenario da fundación do Partido (2021); en terceiro lugar porque pode significar o nacemento do “xiísmo” como inspiración teórica da China do século XXI. A axenda chinesa actual vén marcada por dúas datas referenciais: ese 2021 e o 2049, cando se celebre o primeiro centenario do trunfo da Revolución de Mao.

10/03/2017
10/03/2017
OPCh

Días atrás déuseme por contar as veces que se citaba a Xi Jinping nun texto da axencia oficial chinesa: 28 veces en pouco máis de tres páxinas. E non é só o número senón o ton, sempre no medio de eloxios excesivos que soan a outra época. Poida que iso teña algunha efectividade en China -cousa que dubido- pero é seguro que provoca rubor, desconcerto e descrédito no exterior. A propaganda chinesa involuciona.

10/03/2017
10/03/2017
OPCh

Non haberá asunto, grande ou pequeno, na axenda chinesa que escape ás “dúas sesións”. Todos e cada un dos tópicos ao uso, desde a redución dos excesos de capacidade ou da contaminación á mellora da supervisión a todos os niveis, saltarán á palestra nun ou outro momento da man dos delegados presentes.

06/03/2017
06/03/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 27 de Febreiro ao 5 de Marzo de 2017

China vaise opoñer firmemente ao separatismo taiwanés, dixo o primeiro ministro Li Keqiang na sesión anual da Asemblea Popular Nacional (APN) inaugurada en Beijing o 5 de marzo.

02/03/2017
02/03/2017

O líder chinés Xi Jinping afronta agora o ecuador do seu mandato si, como é habitual e espérase, renova xefatura ata 2022. Así pois, este será un ano de inevitable balance. No outono, no XIX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), debe consolidar o alcanzado pero antes, nas “dúas sesións” que as cámaras parlamentarias chinesas celebrarán a partir da próxima semana, calibraranse as súas expectativas. 

26/02/2017
26/02/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 20 ao 26 de Febreiro de 2017

1. Informe

Taiwán conmemora nestas datas o 70 aniversario do coñecido como Incidente 228, a masacre cometida o 28 de Febreiro de 1947 cando as tropas de Chiang Kai-shek reprimiron duramente un levantamento popular. O incidente ocorreu dous anos antes de que o KMT se trasladara do continente a Taiwán. As tropas foron mobilizadas trala brutalidade exercida por un inspector gobernamental contra unha humilde muller que vendía na rúa tabaco de contrabando. Como consecuencia da represión militar, ducias de miles de taiwaneses inocentes foron asasinados. A lei marcial imposta entón durou case catro décadas. Calcúlase que entre 18.000 e 28.000 persoas morreron a consecuencia da represión. Taiwán perdeu case toda unha xeración da súa elite.

11/02/2017
10/02/2017
El Periódico

A contaminación en China reviste niveis de gravidade crecente. Nas últimas semanas emitiuse a primeira alerta vermella a nivel nacional por polución atmosférica. Ducias de cidades do norte do país víronse afectadas. Os avisos dan conta de que ata un 62 por cento das cidades chinesas controladas sofren un alto nivel de contaminación, impoñéndose por todas as partes os plans de emerxencia. Na capital anúnciase a instalación de filtros de aire nas escolas mentres o ministro do ramo, Chen Jining, entoa o mea culpa pola situación pero tamén pola impotencia á hora de propoñer solucións que non poden ter efecto inmediato.

27/01/2017
27/01/2017
Praza/Público

A carreira cara ao XIX Congreso do PCCh discorre como unha maratón que agora vive algúns dos seus tramos crave. O espello dese proceso é a substitución de líderes nos chanzos intermedios de alto nivel, xa sexa nas entidades centrais ou no poder territorial. Nas últimas semanas, trala sexta sesión plenaria do Comité Central de outubro do pasado ano que encumbrou a Xi Jinping como “núcleo” da dirección do partido, producíronse relevos significativos. 

22/01/2017
22/01/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 16 ao 22 de Xaneiro de 2017

1. Informe

Donald Trump é xa presidente de EUA. Taipei e Beijing están á expectativa. Nunha recente entrevista concedida ao Wall Street Journal, sinalou que a política dunha Soa China estaba suxeita a negociacións. Beijing advirte de que responderá con dureza si Trump continúa provocando con este tema. Taipei resaltou os “valores comúns” que comparten e o desexo de establecer unha relación estreita en todos os ámbitos.

19/01/2017
19/01/2017
Diario El Correo

O Vaticano e a China Popular parecen estar máis preto que nunca de chegar a un acordo que facilite a reanudación das relacións diplomáticas interrompidas en 1951. O Papa Francisco, a diferenza de anteriores papados, recoñeceu en máis dunha ocasión o seu desexo de visitar China, onde é visto con simpatía polas súas declaracións de signo progresista, a adscrición ao cristianismo latinoamericano e o seu compromiso na mediación en numerosos conflitos enquistados (desde Colombia a Cuba-EUA ou Venezuela, entre outros). Esas actitudes dan conta dunha maior proximidade con algunhas visións dos países do Sur coas que China tamén comulga. 

18/01/2017
18/01/2017
El País

Nos seus xa catro anos de mandato, Xi Jinping conformou unha vasta operación de centralización do poder político e da súa propia autoridade. Convertido en “home forte” de China, a súa cualificación como “núcleo da dirección do Partido” elévalle a un novo status que pode supoñer unha creba no liderado colectivo que Deng Xiaoping, o arquitecto da reforma e apertura, dispuxo para evitar o rexurdir do culto á personalidade e a acumulación dun poder excesivo por parte dun único líder. No argot político chinés, ser considerado “núcleo” engade un plus significativo ao seu titular aínda que non lle aporte atribucións específicas a maiores, polo menos estatutariamente.

16/01/2017
16/01/2017
The Huffington Post

Nun par de semanas, China estreará o Ano do Galo. Todo parece indicar que será un ano xeneroso en complexidade e riscos. Na orde interna, no económico seguirán as reformas estruturais coas dificultades habituais pero, probablemente, a redución da contaminación seguirá subindo chanzos na axenda á vista do calamitoso da situación e o seu impacto nun malestar cidadán que podería acabar dirixindo os seus dardos contra as autoridades.

01/12/2016
01/12/2016
Rebelión

Trala terceira vira latinoamericana do presidente Xi Jinping, China deu a coñecer un segundo documento sobre a súa política cara a América Latina e Caribe (ALC). Estruturado en catro partes, do texto despréndense algunhas novidades. A principal de todas probablemente garda relación coa promoción dun enfoque moito máis rico e integral da relación bilateral de forma que se poida elevar a calidade e o nivel da cooperación. 

30/11/2016
30/11/2016

Está por ver que o recente cume mantido pola UE e China en Hamburgo, Alemaña, represente un paso adiante na superación duns desencontros que ameazan con poñer fin ao habitual bo pulso das relacións bilaterais. Nos últimos meses, desde Bruxelas se apelou aos membros da Unión a defender mellor os intereses de Europa, o que soou a un endurecemento da actitude fronte a China. No medio de alertas varias sobre o fin da lúa de mel entre Berlín e Beijing, expresadas nas reticencias xermánicas a algunhas operacións inversoras do xigante asiático (caso da compra da robótica Kuka polo xigante Midea), atrás parece quedar o entendemento privilexiado entre Bruxelas e Beijing nun momento especialmente complexo no que a saída de Reino Unido da Unión e o triunfo de Donald Trump en EUA suman incertezas rexionais e globais de amplo calado. China é o segundo socio comercial da UE.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais