Distribuir contido

PCC

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1895 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

15/04/2016
16/04/2016
Praza

Do 16 ao 19 de abril transcorrerá na Habana o VII Congreso do Partido Comunista de Cuba (PCC). O evento deberá analizar a actualización do modelo económico impulsado desde 2006, cando Raúl Castro (85 anos) asumiu o poder iniciando un proceso de modificación da estrutura económica sen alterar o rumbo político da illa. Este será o derradeiro congreso para a xeración histórica que levou adiante a revolución en 1959 e ten lugar nun contexto internacional inédito, marcado polo restablecemento de vínculos diplomáticos con EUA e o reinicio das negociacións coa UE.

23/03/2016
23/03/2016
Praza

A visita do presidente Barack Obama a Cuba culminou simbolicamente o proceso iniciado a finais de 2014 para a normalización entre La Habana e Washington, asegurou a virtualidade do seu legado e supón un paso de xigante para abrir una nova etapa política non só nas relacións bilaterais senón intracontinentais recuperando parte da influencia perdida en décadas anteriores.

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

Entrevista con Juan Valdés Paz, sociólogo e Premio Nacional de Ciencias Sociales y Humanísticas 2014 de Cuba

-Tras o anuncio de reanudación das relacións entre Cuba e EEUU ábrese un novo escenario. Que expectativas lle suxire a nova etapa que agora comeza?

-A etapa caracterízase por unha alta incerteza. Nela compréndense a normalización das relacións diplomáticas, así como prolongadas negociacións acerca de numerosos contenciosos. Ao longo dese proceso ambas as partes perseguirán os seus propios e expresos obxectivos. Un desenlace óptimo sería que ambas as partes obtiveran algunha ganancia.

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

En Cuba, a Revolución deulle a volta á orde social estruturada no país. Producíronse dúas profundas reformas agrarias, en 1959 e en 1963, rexeitadas polo veciño anglosaxón, e as nacionalizacións da industria, da banca, do comercio, dos servizos, dos transportes... Unha política que culminou na derrota da invasión de Praia Girón (1961). A Revolución encamiñouse cara ao socialismo. A propiedade estatal sustentou o futuro socioeconómico de Cuba. A elección producía na Illa un salto no tempo. Ironías do destino,  o socialismo xurdía onde as condicións económicas non eran as máis propicias.

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

Unha análise de Ricardo Torres, profesor no Centro de Estudos da Economía Cubana (Universidade da Habana)

A crise económica de inicios dos noventa motivou o corremento do balance na xestión da economía cara ao curto prazo, para atender as urxencias dun período excepcional.  Aínda que Cuba iniciou a recuperación en 1994, a taxa de crecemento medio do Produto Interno Bruto (PIB) cubano estivo ao redor de 1,8% anual, o cal sitúa ao país entre os de peor desempeño en América Latina.  Se se toman en conta só os anos posteriores a 1993, a media elévase a 3,2%.  Isto aínda é inferior á media da rexión no mesmo lapso e é un dos desempeños máis discretos na área. Neste contexto, reveláronse algunhas tendencias preocupantes na estrutura produtiva como os pobres resultados dos sectores produtores de bens, a súa escasa competitividade externa e a alta concentración da cesta exportábel nuns poucos ámbitos, xeralmente de baixo valor agregado; o declive de varias ramas industriais claves como a produción de bens de investimento; a alta concentración do emprego en servizos non transables e/ou desconectados das cadeas produtivas da economía; e o escaso desenvolvemento dos servizos produtivos.  Iso condicionou un ritmo moi lento de crecemento da produtividade xunto a baixas taxas de acumulación. 

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

Cuba vive momentos de cambio e de expectación. O proceso de actualización económica, dunha banda, e, doutra, a normalización das relacións con EUA, configuran un novo tempo para a Revolución cubana que, unha vez máis, confronta a difícil tesitura da súa supervivencia. Tralo fin do socialismo ir-real e a afirmación transitoria do mundo unipolar, Cuba foi quen de resistir o embate da mundialización do mercado preservando as esencias do seu modelo. Agora, un cuarto de século despois do derrube do muro de Berlín, La Habana, nunha orde mundial en acelerado proceso de transformación, encara a necesidade de repensar o modelo en busca dun novo equilibrio entre eficiencia económica e xustiza social.

03/11/2013
07/11/2013
Praza

Cuba vive momentos de cambio. Para uns, insuficientes e lentos; para outros, prudentes e acertados. O caso é que no primeiro semestre de 2013 contábase medio millón de contrapropistas. O crecemento do sector privado foi do 8,8 por cento. En 2010 non pasaban de 150.000. Entre 2011 e 2015, o Plan contempla a redución de 1,5 millóns de empregos públicos que deberá absorber o puxante sector privado.

25/02/2013
01/03/2013
ECO

Raúl Castro cumpriu cinco anos á fronte dos destinos de Cuba. A finais de febreiro, aos seus 82 anos, asumiu o seu segundo e derradeiro mandato trala proposta de reducir a dous os períodos consecutivos de permanencia nos cargos partidarios e gobernamentais. O lustro transcorrido veu marcado pola introdución de diversas reformas. O que segue centrarase na preparación da continuidade cun nome clave en perspectiva: Miguel Díaz-Canel, de 52 anos.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais