Distribuir contido

núcleo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1960 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/03/2017
10/03/2017
OPCh

Días atrás déuseme por contar as veces que se citaba a Xi Jinping nun texto da axencia oficial chinesa: 28 veces en pouco máis de tres páxinas. E non é só o número senón o ton, sempre no medio de eloxios excesivos que soan a outra época. Poida que iso teña algunha efectividade en China -cousa que dubido- pero é seguro que provoca rubor, desconcerto e descrédito no exterior. A propaganda chinesa involuciona.

10/03/2017
10/03/2017
OPCh

Non haberá asunto, grande ou pequeno, na axenda chinesa que escape ás “dúas sesións”. Todos e cada un dos tópicos ao uso, desde a redución dos excesos de capacidade ou da contaminación á mellora da supervisión a todos os niveis, saltarán á palestra nun ou outro momento da man dos delegados presentes.

04/11/2016
04/11/2016
Anuario CEID (Arxentina)

A sexta sesión plenaria do Comité Central do Partido Comunista de China (PCCh), celebrada en Beijing do 24 ao 27 de Outubro de 2016, puxo o broche no político a un ano certamente intenso no xigante asiático. Igualmente, marcou o inicio da conta atrás para o XIX Congreso que terá lugar no segundo semestre de 2017. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais