Distribuir contido

Neoatlantismo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1925 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

28/04/2016
29/04/2016
Revista ZETA (Venezuela)

Na recta final do seu mandato e anticipándose á súa sucesión presidencial na Casa Branca a partir de 2017, a xira europea que levou esta semana ao mandatario estadounidense Barack Obama por Gran Bretaña e Alemaña, supón unha estratexia de revitalización do pacto atlántico con tres vértices chave: o fortalecemento da OTAN, en particular dentro da esfera euroasiática con respecto a Rusia e colateralmente a China; o mantemento como socio prioritario dunha Unión Europea en horas baixas, a través da plasmación da Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento (TTIP) e a necesidade de evitar un traumático “Brexit”; e o compromiso de concibir unha nova estratexia de seguridade antiterrorista baixo imperativos xeopolíticos, con epicentro nas desarticulación das redes do Estado Islámico e a desactivación de conflitos (Siria, Libia) que afectan o equilibrio estratéxico dentro da periferia mediterránea europea, coa crise de refuxiados de trasfondo. Así, esta vira visualiza o reordenamento xeopolítico global plasmado na “doutrina Obama”.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais