Distribuir contido

Mediterráneo Sur

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1951 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

09/07/2015
09/07/2015
Praza Pública (Galicia)

A inesperada intervención nas derradeiras semanas do presidente estadounidense Barack Obama instando á Unión Europea a acordar un consenso con Atenas a fin de evitar a súa hipotética saída do Euro, nun contexto determinado polos esforzos do primeiro ministro grego Alexis Tsipras por equilibrar unha serie de presións externas sobre o seu goberno, da a entender que detrás da crise grega existen variables xeopolíticas de maior calado. Estas variables veñen determinadas pola estratéxica posición grega como país membro da OTAN, xeograficamente próxima a escenarios de conflito (Ucraína, Siria, Libia), doutros socios da Alianza Atlántica que adoptan posicións autonomistas cada vez mais distantes dos intereses occidentais (Turquía) e principalmente polos recentes achegamentos de Tsipras cara actores incómodos para Washington (Rusia, China), que lle permitan abrir alternativas ante a asfixiante presión dunha “troika” claramente derrotada polo voto popular no recente referendo grego.

09/05/2013
09/05/2013

A Zona Económica Exclusiva (ZEE) localizada no Mediterráneo Sur estase a converter nun tenso e dinámico escenario de pulsos xeopolíticos, determinados desde 2008 tralos descubrimentos de reservas de gas natural e petróleo en bloques de campos localizados na plataforma económica da República de Chipre.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais