Distribuir contido

Maduro

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1924 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/07/2017
10/07/2017

Convidado polo Ateneo Republicano de Galicia, Ignacio Ramonet impartiu o 25 de maio pasado na Coruña a conferencia: 'A catástrofe perfecta: desorde mundial no século XXI' no Auditorio da Fundación Abanca, cun cheo ata o galiñeiro .

Director de 'Le Monde Diplomatique' en París entre 1995 e 2008 (actualmente aínda o é da edición en español) foi tamén un dos principais impulsores da ATTAC e do Foro Social Mundial durante a década dos 90, identificando a súa figura intelectual coa construción do movemento anti-globalización e altermundista durante a primeira década do século XXI. É membro do Consello Reitor do Igadi.

25/08/2016
25/08/2016
Mundiario (Galicia-España)

A decisión do presidente venezolano Nicolás Maduro, transmitida polo alcalde capitalino Jorge Rodríguez, de ordenar a destitución de 99 altos funcionarios públicos nun prazo de 48 horas por haber asinado a petición de realizar un referendo revogatorio contra o seu mandato, activando unha especie de purga de corte político emulando dalgún xeito ao seu homólogo turco Recep Tayyip Erdoğan, afirma as expectativas sobre a deriva autoritaria dunha presidencia que xa claramente desestima calquera mecanismo de pluralidade democrática amparado constitucionalmente. 

14/07/2016
14/07/2016
IGADI

Nunha visible carreira contra o tempo, acosado pola gravidade da crise socioeconómica, dos esforzos opositores por propiciar un referendo revogatorio contra o seu mandato para 2016, das vicisitudes dun incerto diálogo político avaliado dende o exterior e, finalmente, das negociacións existentes na OEA sobre a posibilidade de adopción da Carta Democrática cara Venezuela, a decisión do presidente Nicolás Maduro de designar ao Ministro de Defensa, Vladimir Padrino, como abandeirado da Gran Misión Abastecemento Soberano e Seguro, outorgándolle practicamente a maior parte do peso político e do control decisivo á Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB), determina un súbito epílogo do “post-chavismo”, ancorado en apoiarse inevitablemente no estamento militar ante a súa aparente incapacidade política e institucional para reverter a crise venezolana.

06/12/2015
10/12/2015
El Pais

Las relaciones entre China y Venezuela experimentaron un cambio drástico a partir de la llegada al poder de Hugo Chávez (1999). La asociación estratégica sellada en 2001 tenía como soporte esencial la colaboración energética pero con el paso del tiempo, sus relaciones se han ensanchado cada día más. Cuando Xi Jinping visitó Caracas, en julio de 2014, rubricó con el presidente Nicolás Maduro la “asociación estratégica integral” que hoy refleja esa amplitud de sus vínculos. En su etapa al frente de la diplomacia venezolana (2006-2012), Maduro impulsó a conciencia las relaciones bilaterales.

22/09/2015
22/09/2015
Público

Salvador Allende se estará revolviendo de dolor en su tumba allá donde esté. Las declaraciones de  Felipe González asegurando que Pinochet respetaba más los derechos humanos durante su dictadura que un presidente democráticamente elegido como Nicolás Maduro, supone una grave traición. Ofensa y traición a las víctimas, ofensa y traición al socialismo chileno y al español, que tuvo siempre a Allende como un icono; la más grave de las muchas ofensas y traiciones a la izquierda latinoamericana que ya lleva acumuladas González.

08/09/2014
08/09/2014
IGADI

    A ampla reestruturación realizada esta semana polo presidente venezolano Nicolás Maduro, denominada por el mesmo como o “sacudón”, supón un golpe de temón de estratéxico sentido político, principalmente dirixido a varios sectores, entre eles a tecnocracia imperante no “chavismo post-Chávez”, aos sectores populares e radicais da revolución bolivariana e, igualmente, á atomizada oposición política.

14/02/2014
14/02/2014
IGADI

Unha vaga de protestas estudantís acaecidas nos derradeiros días en varias cidades venezolanas, que deixaron un violento choque esta semana en Caracas con tres vítimas mortais e decenas de feridos e detidos, contextualizado nun escenario de crise económica fraguada pola escaseza de produtos básicos e a elevada inflación (56,4% en 2013), son elementos que volven a colocar á crise venezolana no centro de atención, pulsando perigosamente unha tensión política cuxo termómetro medirá a consistencia da presidencia de Nicolás Maduro así como a práctica evidencia dunha fractura de liderados na heteroxénea oposición.

24/09/2013
24/09/2013
OPCh

La visita del presidente venezolano Nicolás Maduro a China abre un nuevo horizonte en las relaciones bilaterales. Maduro es buen conocedor de dicho proceso por cuanto desde su cargo de ministro de asuntos exteriores (2006-2013) vivió de cerca el salto cualitativo experimentado en sus vínculos durante el mandato de Hugo Chávez (1998-2013), especialmente tras la rúbrica del acuerdo de asociación estratégica en 2001. Ahora, con el horizonte de seis años por delante, en un caso, y con una dirección china al inicio de su mandato, en otro, esta visita permite coordinar intereses y prioridades, trazar los contenidos esenciales del nuevo impulso y definir los contornos de la puesta a punto.

30/07/2013
31/07/2013
Rebelión

Son bien conocidos los vínculos entre China y Venezuela (1), desarrollados con gran intensidad durante el mandato de Hugo Chávez (1998-2012). Tras las elecciones venezolanas del 14 de abril último, asistimos a la exploración de un nuevo impulso evidenciado en la pronta multiplicación de visitas de alto nivel de dirigentes de ambos países. En mayo fue el vicepresidente Li Yuanchao quien se personó en Caracas para expresar su apoyo a un Nicolás Maduro cuestionado por lo ajustado de su victoria. Li fue de los primeros líderes extranjeros en visitar Venezuela. Con posterioridad, dirigentes como Diosdado Cabello o el vicepresidente Arreaza fueron recibidos en Beijing. Ambos son la avanzadilla que prepara la gira que en septiembre realizará Maduro al gigante asiático.

07/03/2013
08/03/2013
El Progreso

A morte do presidente Hugo Chávez abre unha delicada situación institucional en Venezuela ao tratarse dun mandatario reelixido e en funcións. A Constitución de Venezuela establece no seu artigo 233 que ante unha "falta absoluta" do presidente ocorrida durante os primeiros catro anos do seu mandato débese convocar a eleccións xerais nun prazo de 30 días. Con todo, no caso de Chávez entra en xogo un elemento adicional. A súa recaída no cancro e a súa operación ocorreron durante os últimos días do seu mandato anterior. Pola súa delicada situación de saúde desde o 11 de decembro, cando foi operado por cuarta vez en Cuba, o presidente electo nunca puido formalizar o seu acto de investidura, establecido constitucionalmente para o día 10 de xaneiro.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais