Distribuir contido

Linguas minoritarias

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1915 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

31/10/2015
31/10/2015
IGADI

Unha análise de Daniel Arias (estudante en prácticas da USC)

No país galo atopamos unha rica diversidade cultural por mor da existencia de diferentes pobos e culturas que cohabitan coa cultura “nacional” francesa. O goberno francés caracterizouse ao longo da súa historia recente por ser defensor arduo dunha cultura e lingua nacionais uniformes. Esta dinámica política devén da Revolución Francesa, que sempre primou a unidade e indivisibilidade da nación gala asociada aos valores republicanos do xacobinismo. Esta política centralista fai que tódalas diferentes culturas e minorías existentes no territorio francés síntanse ignoradas e desprezadas por un Estado, por outra banda, considerado por non poucos paradigma de democracia. En pleno século XXI podemos constatar como nunha das democracias mais importantes e consolidadas do mundo, idiomas de gran importancia cultural como o Bretón, o Galó, o Occitano, o Corso ou o Alsaciano viven á marxe das leis estatais, sen gozar de ningún recoñecemento por parte das institucións.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais