Distribuir contido

liña vermella

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1859 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

27/08/2013
27/08/2013
Praza Pública (Galicia)

O secretario de Estado estadounidense, John Kerry, advertiu este 26 de agosto que “Bashar al Asad traspasou a liña vermella”. A declaración ven en referencia á presunta utilización por parte do réxime sirio de armas químicas contra a poboación civil ás aforas de Damasco, presuntamente acaecidas o pasado 21 de agosto, e denunciadas polos rebeldes agrupados no Exército Libre de Siria (ELS) Para consolidar esta hipótese, o propio presidente estadounidense Barack Obama declarou esta semana non ter “case ningunha dúbida” sobre a presunta culpabilidade do réxime de al Asad na utilización de armas químicas. Dende fai meses, Obama ven advertindo a delimitación dunha tenue “liña vermella” que, o contexto actual, semella procrear as condicións dunha eventual intervención militar exterior no país árabe, escenario que cobra forza co paso dos días, e particularmente definida como unha acción unilateral liderada por Washington sen o aval da ONU.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais