Distribuir contido

La Haya

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1907 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

11/08/2016
11/08/2016
Público

Tralo ditame da Corte Permanente de Arbitraxe da Haia do pasado 12 de xullo, contrario ás teses de China respecto dos seus pretendidos dereitos históricos nas illas e augas disputadas do Mar de China meridional, aumentan os signos de inestabilidade en toda a súa periferia marítima.

13/07/2016
13/07/2016
El País

Tempo haberá para ler a letra pequena do fallo da arbitraxe e máis aínda para as interpretacións nun tema tan complexo -incluído a determinación do seu carácter vinculante e en que dimensión- pero sen dúbida, en si mesmo, o pronunciamento marca un punto de inflexión nas agres disputas en torno ao Mar de China meridional. Prevíase adverso para os intereses de Beijing e este reaccionou da forma esperada, negando ao tribunal a lexitimidade e a competencia para entender do asunto e recordando a súa adhesión ás cláusulas de reserva da convención de Montego Bay. A partir de agora, dado que o ditame é simplemente inaplicable pola vía da forza, China podería optar por acelerar a súa estratexia de consolidación de posicións nas áreas en disputa, o cal, lonxe de poñer xuízo e arbitrio nos contenciosos abertos pode conducir a unha elevación das tensións si as demais partes (e as grandes potencias que lles apoian, desde EUA a Xapón ou India) non se amilanan.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais