Distribuir contido

Kurdistán

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1906 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

05/05/2017
05/05/2017
IGADI

O inesperado e histórico anuncio de Hamas de recoñecer as fronteiras palestinas de 1967, xunto coa súbita manifestación de choques de unidades militares do PKK e da PDK no Kurdistán iraquí, da conta dos efectos colaterais derivados da inédita recomposición de forzas e de equilibrios estratéxicos que está acontecendo en Oriente Próximo. Esta realpolitik vese determinada por unha inédita conxuntura na que entran en xogo diversas variables. Entre elas destacan a próxima visita de Donald Trump a Israel e Arabia Saudita, o fait accompli entre Rusia, EUA e Turquía para dividir Siria en zonas de seguridade, a consolidación do autoritarismo de Erdoĝan tralo referendo turco e as expectativas en torno aos comicios presidenciais iranianos do próximo 19 de maio.

17/10/2016
17/10/2016
IGADI

Nun artigo anterior (“Repensar o Kurdistán”, http://www.igadi.org/web/analiseopinion/repensar-o-kurdistan) explicábase o histórico momento no que se atopa o Kurdistán de cara á eventual reconstitución xeopolítica que se presume para Oriente Próximo por mor dos intereses estratéxicos que se moven dentro do conflito sirio. A este escenario debe engadirse o efecto, directo e colateral, do contexto post-golpe en Turquía, particularmente trala decidida viraxe autocrática do presidente Recep Tayyip Erdogan. Por tanto, coincidindo coa recente visita a Galicia de Eyyup Doru, representante en Bruxelas do pro-kurdo Partido Democrático dos Pobos (HDP), a cuestión kurda merece ser revisada á luz destes recentes acontecementos. 

26/05/2016
26/05/2016
IGADI

Na eventual reconstitución de feito que presumiblemente lle agarda ao mapa territorial de Oriente Próximo, particularmente trazadas polos intereses estratéxicos existentes dentro do conflito sirio, é frecuente observar nun considerable sector da opinión pública a perspectiva por focalizar a atención na situación dos kurdos na rexión, principalmente ante as expectativas por eventualmente configurarse nunha expresión estatal e independente en pleno corazón de Oriente Próximo. Con mais de 30 millóns de persoas repartidas entre países da rexión (Turquía, Irán, Iraq, Siria) e unha dinámica diáspora radicada en Europa, Cáucaso e Oriente Próximo, os kurdos constitúen a principal comunidade a nivel mundial sen acadar un Estado propio. É por tanto inevitable achegarse a súa situación, cuxa expresión é tan ineludible como imprevistas son as súas consecuencias, particularmente de cara a discernir sobre os irreversibles cambios que se albiscan no mapa xeopolítico rexional.  

30/07/2015
30/07/2015
Praza Pública (Galicia) e Revista ZETA (Venezuela)

Existen unha serie de complexas variables detrás da repentina decisión do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan de romper as negociacións de paz coa comunidade kurda en Turquía, revitalizando a opción militar a través dunha serie de ataques contra bases do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) no Norte de Iraq. Paralelo a esta ofensiva, Turquía iniciou por vez primeira unha serie de ataques contra posicións do Estado Islámico en Siria, facendo causa común coa estratexia estadounidense impulsada por Barack Obama en outubro de 2014, consolidada co permiso turco outorgado a Washington e a OTAN para utilizar a súa estratéxica base aérea na localidade de Incirlik. En chave interna, e se ben o complexo contexto postelectoral turco e o recente atentado terrorista na localidade de Suruç na fronteira con Siria son factores que poden explicar algunhas destas variables detrás da inesperada decisión de Erdoğan, a mesma moi probablemente estaría mediatizada pola reconfiguración de intereses estratéxicos que se están observando actualmente en Oriente Próximo, particularmente impulsada por Washington, tomando en perspectiva a aceleración dos plans de ataque contra o Estado Islámico e o efecto xeopolítico traducido polo recente acordo nuclear con Irán e as expectativas de distensión con Teherán. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais