Distribuir contido

KMT

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1960 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

16/04/2017
16/04/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 10 ao 16 de Abril de 2017

1. Informe

O caso Lee Ming-che, en referencia ao activista taiwanés detido en China continental o 19 de marzo acusado de poñer en perigo a seguridade nacional, segue afectando ás relacións a través do Estreito. A esposa de Lee fracasou no seu intento de viaxar ao continente para interesarse pola súa situación. Os requirimentos da Fundación para os Intercambios a través do Estreito á súa homóloga continental tiveron como resposta: “Non hai máis información que ofrecer”. 

06/04/2017
06/04/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 27 de Marzo ao 2 de Abril de 2017

1.      Informe

O caso de Lee Ming-che ameaza con agravar o distancamento entre Taipéi e Beijing. Lee, ex empregado do PDP e xefe de estudos na Universidade Wenshan, desapareceu logo de entrar en China a través de Macau o 19 de marzo, ao parecer co propósito de arranxar tratamentos médicos para a súa sogra. Recoñecido defensor dos dereitos humanos, a súa desaparición volve suscitar serias dúbidas sobre a seguridade das persoas que traballan coa sociedade civil de China, dixeron fontes de Amnistía Internacional. O goberno mostrouse disposto a facer todo o posible para obter a súa liberación. 

20/03/2017
20/03/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 13 ao 19 de Marzo de 2017

1. Informe

O 18 de marzo cumpriuse o terceiro aniversario do Movemento dos Xirasoles cuxo desencadeante foi a rápida aprobación por parte do KMT dun acordo de comercio de servizos co continente. Os manifestantes irromperon no Yuan lexislativo e ocuparon a cámara durante semanas. Con tal motivo, fronte á sé do PDP en Taipéi tivo lugar unha manifestación esixindo a aprobación dunha lei entón reclamada, a de vixilancia dos acordos a través do Estreito, un mecanismo regulador que asegure a transparencia das negociacións. 

12/03/2017
12/03/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 6 ao 12 de Marzo de 2017

1. Informe

As primarias no KMT aceleran o paso. Segundo algúns medios locais, Hau Lung-bin leva a dianteira na carreira pola presidencia da formación azul. Tanto os membros do KMT como o público en xeral parecen responder positivamente á súa campaña. Algunhas sondaxes atribúenlle un nivel de apoio público do 17 por cento fronte ao 16 da actual presidenta Hung Hsiu-chu e o 14 por cento do ex vicepresidente Wu Den-yih, os tres mellor situados. O balance entre os simpatizantes do KMT resulta lixeiramente máis favorable coas preferencias sinaladas, respectivamente do 24, 22 e 19 por cento para cada candidato.

06/03/2017
06/03/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 27 de Febreiro ao 5 de Marzo de 2017

China vaise opoñer firmemente ao separatismo taiwanés, dixo o primeiro ministro Li Keqiang na sesión anual da Asemblea Popular Nacional (APN) inaugurada en Beijing o 5 de marzo.

26/02/2017
26/02/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 20 ao 26 de Febreiro de 2017

1. Informe

Taiwán conmemora nestas datas o 70 aniversario do coñecido como Incidente 228, a masacre cometida o 28 de Febreiro de 1947 cando as tropas de Chiang Kai-shek reprimiron duramente un levantamento popular. O incidente ocorreu dous anos antes de que o KMT se trasladara do continente a Taiwán. As tropas foron mobilizadas trala brutalidade exercida por un inspector gobernamental contra unha humilde muller que vendía na rúa tabaco de contrabando. Como consecuencia da represión militar, ducias de miles de taiwaneses inocentes foron asasinados. A lei marcial imposta entón durou case catro décadas. Calcúlase que entre 18.000 e 28.000 persoas morreron a consecuencia da represión. Taiwán perdeu case toda unha xeración da súa elite.

21/02/2017
21/02/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 13 ao 19 de Febreiro

1. Informe

O KMT persevera no seu peculiar vía crucis. Cando non se disiparon aínda os ecos da afiliación dunhas 307 persoas relacionadas co crime organizado, saltou a noticia dunha solicitude de afiliación masiva de “azafatas” que traballaban nun club nocturno de Taichung. Alguén non identificado trataba así de influír nos resultados das eleccións internas para a presidencia do partido.

04/02/2017
05/02/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 30 de Xaneiro ao 5 de Febreiro de 2017

1.      Informe

Con motivo do Ano Novo Lunar, a presidenta Tsai Ing-wen visitou diferentes templos do país e departiu cos moitos taiwaneses que cumprían co ritual ao uso nestas datas. Tamén visitou dependencias militares. Na súa páxina de Facebook, publicou unha petición para o novo ano: “Que nos permita elevar o noso espírito e facer da reforma un éxito”. Similares desexos formulou o primeiro ministro Lin Chuan. 

22/01/2017
22/01/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 16 ao 22 de Xaneiro de 2017

1. Informe

Donald Trump é xa presidente de EUA. Taipei e Beijing están á expectativa. Nunha recente entrevista concedida ao Wall Street Journal, sinalou que a política dunha Soa China estaba suxeita a negociacións. Beijing advirte de que responderá con dureza si Trump continúa provocando con este tema. Taipei resaltou os “valores comúns” que comparten e o desexo de establecer unha relación estreita en todos os ámbitos.

15/01/2017
15/01/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 9 ao 15 de xaneiro de 2017

1. Informe

Nove días e oito noites durou esta segunda xira exterior da presidenta Tsai Ing-wen quen abandonou Taiwan escoltada por catro cazas F-16. Honduras, Nicaragua, Guatemala e El Salvador, máis dous tránsitos en EUA, quixeron servir de mostra da “diplomacia consistente” que promove Taipei e cuxo signo de identidade é a promoción de intercambios que beneficien a ambas partes. A través dela, Tsai quere buscar unha nova dirección á diplomacia taiwanesa baseada en intercambios comerciais máis fortes, pasando dun modelo de asistencia unidireccional a un modelo bilateral que axude ao desenvolvemento económico e social dos seus aliados. 

07/01/2017
08/01/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 2 ao 8 de Xaneiro

1. Informe

Unha enquisa recente levada a cabo pola Trend Survey and Research Co. e dada a coñecer o martes 3 mostrou un repunte da popularidade do KMT, subindo ao 29,9 por cento nos dous últimos meses, mentres que o gobernante PDP baixaba ao 26,3 por cento. As cifras representan unha subida de 6,9 puntos no apoio ao KMT e un descenso de 0,5 puntos respecto ao PDP. Por outra banda, a taxa de popularidade do PNP (Partido do Novo Poder) foi do 10,1 por cento mentres o PPP (Partido o Pobo Primeiro) manifesta unha taxa de apoio do 3,1 por cento. 

31/12/2016
01/01/2017
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 26 de Decembro de 2016 ao 1 de Xaneiro de 2017

1. Informe

A presidenta Tsai Ing-wen iniciará o ano 2017 cunha vira de nove días por varios países centroamericanos (Nicaragua, Honduras, Guatemala, El Salvador). Quizá se trate só dunha anécdota ou o feito alcance a reflectir a importancia que ao longo do exercicio pode ter a proxección internacional de Taiwan. 

24/12/2016
25/12/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 19 ao 25 de Decembro de 2016

1. Informe

O anuncio de ruptura de relacións diplomáticas con Taiwan por parte de Santo Tomé e Príncipe supón un revés significativo para a política exterior de Tsai Ing-wen. Aínda que se diga que non afectará “en nada” aos esforzos do goberno para incrementar a participación de Taiwan nos asuntos internacionais, é obvio que non se trata dun fenómeno illado e podería dar pé a unha escalada comprometedora para os intereses exteriores de Taipei. Neste sentido, é indiferente a esgrimida razón financeira pois a contorna política impulsa ao fin da tregua diplomática vixente durante o mandato de Ma Ying-jeou. Beijing deixou abofé fai tempo que algunhas nacións latinoamericanas ansiaban establecer vínculos co continente, iniciativa rexeitada no seu día porque afectaría ás relacións PCCh-KMT e á súa “terceira cooperación”. 

11/12/2016
11/12/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 5 ao 11 de Decembro

1.      Informe

Pasou finalmente a controvertida reforma laboral malia as protestas sindicais e a oposición do KMT. Para o goberno trátase dunha reforma progresista xa que permite un aumento salarial nos días de descanso ou o incremento de días de vacacións para o persoal novo, entre outros. Confía xa que logo en que axude a diminuír as horas de traballo anual e aumentar o pago das horas extras. A esencia da reforma consiste en eliminar sete festivos (dun total de 19) e implementar un día de descanso flexible e outro obrigatorio á semana para alcanzar a media de 40 horas de traballo semanais.

04/12/2016
04/12/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 28 de Novembro ao 4 de Decembro

1. Informe

Todos parecen interesados en que a conversación telefónica da presidenta Tsai Ing-wen co presidente electo de EUA, Donald Trump, o venres, non desate unha grave crise diplomática entre as dúas maiores economías do mundo. Aínda así, foi todo un acontecemento. Trátase da primeira conversación entre mandatarios de ambas partes desde que EUA e a República de China cortaron relacións diplomáticas en 1979. E un éxito indisimulable para Taipei cando a presidenta Tsai enfronta horas ben baixas na súa popularidade tras seis meses de exercicio.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais