Distribuir contido

Kenia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1960 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

16/04/2016
17/04/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 11 ao 17 de abril de 2016

1. Informe

A repatriación a China continental dun grupo de cidadáns taiwaneses que foran absoltos por un tribunal de Kenya nun caso de estafa telefónica disparou as alarmas en Taipei, acusando a Beijing de ordenar a súa secuestro extraxudicial violando a lei e os acordos bilaterais subscritos para o combate da delincuencia. Outros casos similares se dilucidan en Indonesia ou Malaysia. O goberno taiwanés teme que calquera cidadán infractor en calquera parte do mundo sexa obxecto do mesmo tratamento.

15/04/2016
16/04/2016
OPCh

Desde o pasado 16 de xaneiro, cando o PDP venceu en toda regra ao KMT nas eleccións lexislativas e presidenciais, a axenda de diferenzas a través do Estreito non fai senón crecer. 

O último episodio condúcenos a Kenia. Taipei denunciou o “secuestro e repatriación” a China continental de ata 45 taiwaneses sospeitosos de fraude no país africano que foron absoltos por un tribunal local. A acción abre unha vía para que calquera taiwanés inmerso nun proceso xudicial noutras partes do mundo sexa susceptible do mesmo tratamento. É a primeira vez que China logra repatriar desde África un continxente tan numeroso de sospeitosos de fraude. O seu argumento é dobre: as vítimas da súa acción son continentais e Taipei é “demasiado indulxente” con estes supostos delincuentes.

27/01/2015
02/02/2015
ECO

Os ataques terroristas perpetrados en París en xaneiro último acapararon unha ampla atención internacional. Non obstante, cómpre recoñecer que as repercusións doutros sucesos similares acaecidos noutras latitudes non tan afastadas foron moi limitadas, evidenciando que, tamén neste aspecto, podemos falar de dobres varas de medir ou de vítimas de primeira e de segunda. Case simultaneamente ao atentado da capital gala, en Nixeria, unha acción do grupo extremista de Boko Haram provocaba a morte de 150 persoas. Cando en Australia se produce unha toma de reféns nunha cafetería, as principais cadeas de televisión converten o feito nun fenómeno mediático global. Sen embargo, a masacre de máis de 60 persoas por parte de Al Shabaab en Kenia, apenas foi capaz de saltar o valado informativo que impón unha cruel indiferenza en función de se a acción ten lugar nunha ou noutra parte do mundo.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais